Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

FPG: No Día da Patria de 2008
21/07/2008
As mulleres e os homes que integramos a Frente Popular Galega acudiremos o día 25 de xullo deste 2008, Día da Patria, a Compostela, para manifestar que o pobo galego precisamos exercer o noso dereito democrático á autodeterminación nacional, e poder construír un país novo, libre e soberano, onde sexa posíbel unha vida digna, para naturais, para emigrantes e para inmigrantes, para todas e para todos.

Acudiremos á manifestación convocada por Causa Galiza, que sairá ás 13,30 horas da Alameda compostelá. E facémolo así por entender que é nesta convocatoria onde mellor encaixan, no momento actual, os obxectivos democráticos de emancipación nacional de cada vez máis sectores do noso pobo.

Talvez a gravidade da situación socioeconómica e política requirisen dunha soa manifestación, onde os problemas e as arelas dos galegos e das galegas fosen ditos cunha soa voz. Pero tal cousa non é posíbel: as tendencias conservadoras e unha actuación gubernativa en moitos aspectos lamentábel promovidas desde a dirección hexemónica no BNG impídeno.

Sabemos que no seu seo abundan as persoas ás que xa lles vai resultando moi difícil asumir políticas que favorecen a privatización de servizos e do propio territorio, como tamén non concordan coas tendencias unionistas preconizadas: "Galicia cada vez máis presente en Madrid".
De maneira que a FPG desfilará cos núcleos militantes máis decididos e comprometidos coa reivindicación da autodeterminación nacional. E farémolo conmemorando os 40 anos daquela convocatoria de 1968 en que o exército, a policía nacional e a BPS tomaron as rúas compostelás, patrullando nos seus jeeps e armados con metralletas.

Pero este Día da Patria vaise celebrar nunha situación de grave crise económica e financeira que enche de incerteza o futuro, fundamentalmente das traballadoras e dos traballadores. Como xa acontecera en Latinoamérica, estase a evidenciar agora aquí o fracaso da receita neoliberal para a persistencia do capitalismo. Os avisos e advertencias que as forzas progresistas en todo o mundo viñemos facendo nestas décadas, de nada serviron; manifestacións contra a globalización, como a celebrada en Compostela, de nada serviron; os mortos de Xénova, de nada serviron; os chamamentos á redución do consumo enerxético, de nada serviron... Nada lles fixo pensar e repensar o modelo económico: os gobernos españois nada fixeron por impedir a destrución e a degradación ambiental, favoreceron a construción desmedida de edificios, de urbanizacións mastodónticas e insustentábeis, como a de Miño (Fadesa), que contou coa connivencia política de alguén que concedeu os permisos...

Corresponde ás organizacións políticas, sindicais e sociais da esquerda nacional, aquelas que estamos fóra, como ás que están dentro do BNG, buscar alternativas para un cambio político real e contundente así como tamén para a defensa dos intereses de clase. E debemos facelo xa, a causa dunha Patria nova, dunha Patria ceibe e socialista, non admite demora.

Dixémolo moitas veces: Socialismo ou barbarie. E tal aserto parece ser ben certo, se cadra máis certo que nunca.

Polo avance da alternativa nacional e popular!
Viva Galicia Ceibe e Socialista!!


Frente Popular Galega
En Galicia, a 25 de xullo de 2008.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com