Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

15 de agosto de 1939: o pacto antinazi que non puido ser
22/10/2008
Arquivos desclasificados recentemente veñen reforzar o que sempre dixemos os comunistas: as forzas occidentais, no limiar da Segunda Guerra Mundial, estaban bastante máis interesadas en botar á Alemaña Nazi contra a URSS, contra o emerxente estado dos obreiros e campesiños, que en unir as súas forzas cos soviéticos para frear a Hitler. E, tamén, amosan os intentos do Kremlin por acadar unha grande alianza antinazi.

Estes documentos, máis de 700 páxinas que se mantiveron agochadas durante case 70 anos, relatan a entrevista que o 15 de agosto de 1939 tivo lugar entre a delegación soviética -composta polo ministro da guerra Klementi e polo xefe de estado maior do Exército Roxo, Boris Shaposhnikov- e os representantes do Estado francés e de Inglaterra –liderados estes polo almirante Reginald Drax. A oferta soviética non deixa lugar a dúbidas: se ingleses e franceses aceptaban un pacto antinazi, a URSS, en caso de guerra no oeste, enviaría á fronteira alemá 120 divisións de infantaría (con 19.000 soldados cada unha), 15 divisións de cabalería, 5.000 pezas de artillaría pesada, 9.500 tanques e 5.500 avións de combate e bombardeiros.

«Se os británicos, franceses e os seus aliados polacos aceptaran a oferta, todos xuntos sumarían máis de 300 divisións en dúas frontes contra Alemaña –o dobre que as forzas de Hitler nese momento. Esta foi a oportunidade para salvar o mundo ou, cando menos, deter a carreira do lobo,» afirmou o antigo xeneral soviético Stoskov, encargado de ordenar os documentos desclasificados.

A evidencia que aportan estes documentos é tal que até a prensa burguesa se viu obrigada a dar conta dela. Así, o Telegrah titulaba a nova o 18 deste mes: «Stalin ‘planned to send a million troops to stop Hitler if Britain and France agreed pact’». Iso si, o desvergoñado xornalista é capaz de ofrecer estes novos datos e, asemade, seguir a dar a mesma opinión oficial do academicismo burgués.

Tamén demostran estes documentos que os soviéticos sabían perfectamente que estaban absolutamente illados, e que se Chamberlain xa consentira un ano antes a invasión de Checoslovaquia por parte dos nazis asinando o Pacto de Múnic, ingleses e franceses non moverían un só dedo para apoiar aos soviéticos. De feito, axentes de Moscova levaban tempo infiltrados nos aparellos de seguridade destes estados. Xa que logo, o Pacto Molotov-Ribbentrop foi unha decisión lóxica, seguramente a única baza dos soviéticos para non ser destruídos polas hordas nazis, unha decisión, evidentemente, dura, difícil e comprometida, pero a menos mala.

Os arquivos que se van desclasificando estes anos non fan máis que botar por terra as mentiras ideadas polos nazis, polos kruchevistas, polos ideólogos da Guerra Fría e por outros elementos burgueses. É dicir, a realidade que vai saíndo á luz está a derrubar o muro do paradigma totalitario. É imposíbel facer unha análise obxectiva da URSS desa época, dos seus personaxes máis notorios, sen estudar estes novos descubrimentos. Pola contra, moitos, desde a esquerda, continúan demostrando que constrúen as súas análises desde a paralizante metafísica, sen variar un ápice as súas opinións, por moito que cada día se vaian coñecendo máis datos que sepultan as mentiras propagadas pola burguesía e por todos os inimigos do marxismo-leninismo.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com