Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Hai 90 anos nacía o Komsomol
29/10/2008


O 29 de outubro de 1918 nacía o Komsomol, a Unión das Mocidades Comunistas Leninistas da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. A axencia informativa rusa RIA Novosti ofrece unha galería fotográfica sobre esta organización da mocidade comunista da antiga URSS (aínda viva en varias antigas repúblicas soviéticas, especialmente en Bielorrusia), que nós reproducimos aquí xunto cos pes de fotos traducidos á nosa lingua.



Outono de 1918. Delegados do I Congreso das Mocidades Obreiras e Campesiñas de toda Rusia, no que se fundou a organización socio-política que máis tarde recibiría o nome da Unión das Mocidades Comunistas Leninistas da URSS (Komsomol, VLKSM).




Ano 1918. Grupo dos primeiros organizadores da Unión das Mocidades Comunistas, que participaron no I Congreso Nacional de Mocidades Proletarias.




Ano 1919. Os primeiros komsomoles da Empresa de Construción de Maquinaria de Briansk (centro de Rusia).




Ano 1920. Alexandr Kósarev (dereita) entre os activistas da Unión de Mocidades Comunistas durante un Sábado Roxo.




Ano 1923. Komsomoles da Primeira Fábrica de Tabaco nunha reunión da súa célula.




Ano 1925. Columna de komsomoles desfilando na Praza Roxa de Moscova baixo a consigna «Obreiros novos, unídevos ás Mocidades Comunistas Leninistas».




Ano 1930. Activistas do comité do VLKSM no distrito moscovita de Krásnaya Presnia elaborando o plan de alfabetización da poboación.




Ano 1930. Mozas que chegaron a traballar ás minas de Górlovka (Ucraína) atendendo ao chamado do Komsomol.




Ano 1930. Un grupo de komsomoles da capital ante de partir a traballar na bacía hulleira da provincia de Moscova.




Ano 1931. Brigada de traballadores de vangarda ocupados en operacións de montaxe na fábrica Metallist de Moscova.




Ano 1931. Komsomoles dunha planta de Magnitogorsk coa bandeira que lles entregou o comité local do partido comunista por méritos laborais.




Ano 1934. Grupo de komsomoles construtores do metro lendo follas que lles trouxo unha brigada ambulante do xornal Komsomolskava Pravda.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com