Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A masacre da Casa dos Soviets. Moscova, 1993.
11/10/2008


Na maña do 3 de outubro de 1993, hai xa 15 anos, enxordecía as rúas de Moscova un grupo de tanques e camións militares inzados de soldados camiño da Casa dos Soviets, un parlamento que Ieltsin ía liquidar co beneplácito occidental. O parlamento era unha afiada espiña nos intereses de Ieltsin por entregar todo o País aos intereses occidentais. Ieltsin sabía que contaba con todo o apoio dos hipócritas de Washington, de Londres e doutras capitais occidentais, para esmagar a un órgano lexislativo encargado, entre outras cousas, de controlar á presidencia

Todo principia cando Ieltsin declara ilegal o Parlamento, e ordena aos deputados poñer fin ás sesións lexislativas e desocupar a Casa dos Soviets. Os deputados néganse a saír e deciden permanecer no edificio as 24 horas do día.

Moita xente acampa ao redor do edificio, e forma unha barreira humana para impedir un asalto ao parlamento. A xente leva alimentos aos deputados, que no interior do edificio continúan coas súas tarefas lexislativas. Esta situación dura aproximadamente unha semana, até que Ieltsin decide deixar sen electricidade o edificio. Os deputados, malia todo, continúan a traballar valéndose de lanternas. Insisten na súa negativa a abandonar o edificio. O 28 de setembro encetan fortes enfrontamentos entre os defensores do parlamento e a policía e os corpos especiais. Non estamos a falar dunha protesta pacífica ou de empurróns, non, a xente estaba armada e disposta a resistir, e nos primeiros momentos faise coas armas de moitos policías. O 30 de setembro amañeceu con barricadas nas principais rúas de Moscova. O 1 de outubro, 600 persoas fortemente armadas entraron na Casa dos Soviets para unirse aos deputados que alí resistían. Os máis deles eran de Siberia, Ucraína, Bielorrusia e Moldavia, que acudiran á defensa da Casa dos Soviets. Levantaron barricadas no interior do edificio.

Malia unha heroica loita dos resistentes, cuxo sangue foi derramado polas rúas do centro de Moscova e no interior da Casa dos Soviets, foron derrotados. Máis de 2.000 resistentes foron asasinados polos esbirros de Ieltsin. A maioría dos ocupantes do parlamento intentaban escapar do lume que prendía nas plantas altas do edificio. Moitos deles, cando chegaron á planta baixa para renderse, foron masacrados con fogo de metralladoras. Os seus corpos foron guindados polos ocos dos ascensores, e máis tarde recuperados e queimados. Os crematorios de Moscova traballaron arreo durante varios días destruíndo as probas da atrocidade de Ieltsin.

As execución leváronse a cabo non só contra os defensores, tamén contra persoas alleas aos acontecementos que, mentres camiñaban polas pequenas rúas que arrodean o Casa dos Soviets, foron postas contra a parede e executadas. Algunhas destas persoas eran mulleres que tamén foron violadas. Tamén había francotiradores nos edificios próximos, que disparaban a calquera persoa que se achegara á Casa dos Soviets.

O verán anterior aos acontecementos, Ieltsin visitou as bases militares onde subornou a oficiais con diñeiro e pisos. Compre lembrar que os militares prometeran non intervir na disputa política entre a Casa dos Soviets e Ieltsin.

Todos esta datos están extraídos dun libro escrito por un dos poucos superviventes. E que conste, que non quere ser este artigo unha defensa dos dirixentes revisionistas da URSS posterior ao XX Congreso do PCUS. Nin moito menos. Mais si dos resistentes, patriotas honestos que quixeron defender á URSS, o que quedaba da URSS, e por esa razón foron masacrados polos monicreques do Occidente.

Agora pensen na imaxe que temos no Occidente destes acontecementos. Lembren o que nos contaron. Lembren a ese asasino de Ieltsin subido a un tanque e o xúbilo dos medios de comunicación occidentais. O liberador do pobo! Lembren, por que non, ao trotskista Ernest Mandel falando de Ieltsin como o novo Trotski... Aínda que pensándoo ben, se cadra, esta última comparación non é tan desacertada.





Fonte: Anatema. Crónica dun golpe de Estado, de Ivan Ivanov
Versión resumida do libro (en ruso)
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com