Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Masiva protesta en Damasco contra o terrorismo norteamericano
30/10/2008

Fontes: SANA e PressTV

Hoxe xoves 30, milleiros de persoas participaron nunca masiva manifestación en Damasco para protestar pola acción terrorista do imperialismo norteamericano que acabou coa vida de oito civís sirios, catro nenos e catro obreiros da construción. O ataque norteamericano levouse a cabo contra unha granxa de Abu Kamal o pasado domingo.

Os manifestantes, entre os que había estudantes, mulleres, organizacións relixiosas, partidos políticos e sindicatos, expresaron a súa condena a este atroz crime contra civís. Sinalaron que esta agresión é unha violación das leis e normas internacionais e un xeito sistemático de terrorismo exercido pola administración norteamericana na rexión árabe.

Esixiuse á comunidade internacional que puxera fin a esta temeraria arrogancia dos Estados Unidos, apelando aos amantes da paz e ás organizacións internacionais a que condenen esta nova demostración de terrorismo e a adoptar os procedementos necesarios para levar aos tribunais a uns agresores que demostran o seu desprezo ás leis internacionais.

Os manifestantes, que portaban pancartas nas que se podía ler “Non ao terrorismo americano” ou “Democracia norteamericana = matanza de civís en Abu Kamal”, corearon consignas como «Colonialistas, escoitade, o pobo de Siria nunca se axeonllará». A embaixada dos Estados Unidos permaneceu pechada todo o día de hoxe.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com