Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Os maoístas do Nepal preparados para abandonar a Mao
20/10/2008
The Times of India
17/10/08


Aínda non pasaron dous meses desde que Prachanda presentara os seus respectos no mausoleo do camarada Mao en Pequín, e o Partido Comunista do Nepal (Maoísta) apura o abandono da ideoloxía de Mao que foi o combustíbel de 10 anos de guerra de guerrillas contra o Estado.

Prachanda, presidente do Partido Comunista do Nepal (Maoísta), e o primeiro presidente revolucionario do Nepal, afogou este venres o crecente debate nacional e internacional sobre o seu partido afirmando aos xornalistas no aeroporto de Nepalgunj que propuxera ao Comité Central do seu partido, hai dous meses, o abandono da etiqueta ‘maoísta’.

A comezos desta semana, tamén afirmara que o seu partido non quería impoñer no Nepal o tipo de República Popular previsto por Mao. «Durante o tempo de Mao, non existía o concepto de federalismo ou de multipartidismo», comentou. «Nós temos as dúas cousas».

Estas verbas de Prachanda son moi semellantes ás utilizadas polo ministro de economía, Baburam Bhattarai, no aeroporto internacional de Tribhuvan en Katmandú, este pasado venres. Confirmou que a proposta sería discutida na convención nacional do partido que terá lugar en Katmandú os días 10 e 11 de novembro.

Bhattaria, quen regresou o venres da reunión conxunta do FMI e o Banco Mundial en Washington, dixo aos medios de comunicación que a comunidade internacional amosara unha grande preocupación pola etiqueta ‘maoísta’ do seu partido.

«No pasado, os partidos comunistas adoptaban distintas etiquetas, como o Partido Comunista do Nepal – Unificación Marxista Leninista e o Partido Comunista do Nepal Marxista-Leninista, para se distinguiren entre eles,» comentou aos xornalistas que agardaban no aeroporto. «Pero agora demostramos ser o partido comunista número un do Nepal, non precisamos de ningunha etiqueta.»

Este distanciamento de Mao, non significa un distanciamento cos seus veciños chineses. Nunha recente visita a Pequín do ministro de información e comunicacións, Krishna Bahadur Mahra, o goberno chinés avogou pola unificación dos partidos comunistas do Nepal nunha formación monolítica semellante ao Partido Comunista de China.

Os maoístas teñen moi presente este consello. Prachanda afirmou que xa asinaran un pacto cunha das forzas comunistas, o Partido Comunista do Nepal – Centro de Unidade Masal, para unha fusión, que terá lugar en pouco tempo.
2 Comments:
  • At 10/24/2008 05:53:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Ben-queridos compañeiros:
    En nome do Comite Galego de Solidariedade co Nepal, dirixome a vostedes para manifestar a nosa extrañeza pola publicación dunha nota proveninte do aparello propagandistico do imperialismo indu. Nota que non recolle nin afonda sobre a loita de liñas no seo do PCN (m) e mesmo desinforma sobre os feitos, convertindo opinions persoaes en feitos.
    Na Galiza temos dende abril de 2004un Comite que manten unha periodica difusion das noticias da Revolución no Nepal.
    http://galizanepal.over-blog.or/
    Saudos vermellos:
    Miguel

     
  • At 10/24/2008 07:44:00 da tarde, Blogger Brigadista said…

    Saúdos Miguel:

    Consideramos que os lectores e lectoras desta páxina saben distinguir entre un artigo de opinión de Estoutras e a mera tradución á nosa língua dun artigo recollido na prensa burguesa (india ou nepalesa). De todos xeitos, podería aproveitar o comentario para concretar e descubrir as mentiras e manipulacións deste artigo.

    Un saúdo comunista das persoas que facemos Estoutras, páxina que está aberta á vosa colaboración.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com