CUT Vigo 06/11/08Entre 4.000 e 5.000 traballadores do naval saíron hoxe ás rúas de Vigo respostando así masivamente ao chamado realizado o pasado 17 de xullo pola CUT ao que se sumaron o resto dos sindicatos, especialmente a CIG que realizou a convocatoria, en solidariedade cos 4 traballadores detidos na última folga e acusados pola policía española e o fiscal de participar nos incidentes producidos. A petición de catro anos de cadea e o pagamento de danos para cada un dos catro acusados: Emilio Docampo, Daniel Cascallar, Ivan Piñeiro e Xosé García; non ten outro obxectivo que escarmentar ao sector na persoa dos catro procesados. Hoxe o xuízo foi suspendido cando un dos catro acusados rexeitou ao seu abogado, sendo posposto para o vindeiro 5 de febreiro. |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.