Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Día 6 de novembro, paro de todo o Sector Naval en solidariedade cos catro compañeiros procesados
04/11/2008

A C.U.T. INFORMA A TÓDOLOS TRABALLADORES DO SECTOR NAVAL

Felicitámonos, porque das medias mentiras saen as verdades enteiras. E alegrámonos de que a CIG faga pública a decisión de apoiar a proposta feita desde a CUT a esa organización e a CCOO e UGT na xuntanza celebrada o pasado 17 de xullo, de chamar á Folga e asistir ó xuizo dos catro compañeiros do Sector Naval procesados.

Como desde a CUT se ten informado, e todo mundo sabe, o día 6 de novembro, ás 10 da mañá, no Xulgado do Penal nº1 de Vigo, vai ter lugar o xuízo contra: Emilio Docampo, Daniel Cascallar, Ivan Piñeiro e Xosé García, compañeiros detidos na última Folga, e acusados pola policía e o Fiscal de participar nos incidentes nas rúas de Vigo.

Todo o mundo sabe tamén que a acusación e a petición de catro anos de cadea e pago de danos para cada un dos compañeiros, ten como obxectivo escramentar ó sector, pero claro, na persoa dos catro. O Réxime sabe que si socializa a condena e imputa a todos os que participamos nas mobilizacións lexítimas as consecuencias non as poderían encaixar.

Desde a CUT vimos a reiterar a todos os sindicatos, e a todos os traballadores do Sector Naval, a necesidade de darlle unha resposta sindical clara e solidaria a este atropelo ós catro compañeiros que van sentar no “banquillo”, solidarios pero tendo claro tamén que o castigo que queren impoñer ós catro traballadores, ten como obxectivo colateral meter medo para a próxima negociación do Convenio Colectivo.

O DÍA 6 DE NOVEMBRO: FOLGA NO SECTOR NAVAL E ACUDAMOS Ó XULGADO EN SOLIDARIEDADE CON: EMILIO, IVAN, DANIEL E XOSE.
1 Comments:
  • At 11/05/2008 11:34:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    A CIG chama á folga EN TODO O SECTOR DO METAL:

    http://www.galizacig.com/avantar/novas/5-11-2008/a-folga-do-metal-comezara-con-concentracions-diante-das-empresas-as-7-da-mana-para-x

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com