Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Eu derribei a McCain
21/11/2008
Russia Today
17/11/08


Un antigo tenente do Exército Roxo que loitou en Vietnam recoñeceu que foi el quen derribou o avión do derrotado candidato presidencial, John McCain. Yuriy Trushechkin declarou ao xornal ruso Moskovsky Komsomolets que non lamenta derribar en 1967 o avión do futuro senador.

Xornalistas dos máis importantes periódicos rusos reuníronse co antigo militar nun hospital de San Petersburgo.

Trushechkin afirmou que aínda odiaba a John McCain e non lamentaba nada do que fixo. Engadiu estar moi feliz de que McCain non lograra chegar á Casa Branca.

“El sempre odiou aos rusos. Sabía que era noso o proxectil que derribou o seu avión”, afirmou Trushechkin.

O veterano non mantén en secreto a participación dos soviéticos na guerra de Vietnam. Tiña 28 anos cando chegou ao país asiático para loitar contra os Estados Unidos, xunto aos soldados locais. Serviu como especialista en mísiles guiados para os comunistas do norte de Vietnam.

Trushechkin lembra o día no que derribou a McCain. As alarmas antiaéreas comezaron a soar, e todos viron achegarse dous avións Skyhawk A-4E.

“Un dos avións tentou arrodear os montes cércanos, mentres que outra avanzou directamente pola ponte. Disparamos ao segundo,” dixo Trushechkin.

Dispararon dous proxectís. O primeiro estoupou na selva pero o segundo alcanzou o obxectivo. O piloto saíu catapultado e foi capturado despois polas tropas norvietnamitas. Os documentos confirmaron que era John McCain.

Yuriy Trushechkin di que McCain tivo sorte, xa que os pilotos norteamericanos capturados eran normalmente golpeados con picos até a morte.

Pero McCain evitou a súa execución e foi enviado a unha prisión coñecida como o Hanoi Hilton.

Os trofeos máis valiosos eran os cascos dos pilotos e os chamados ‘almsman’s flag’ –unha placa na que se pode ler en cinco idiomas que un cidadán norteamericano está en perigo e necesita axuda. Trushechkin gardou os documentos de McCain xunto cunha cantas fotografías feitas no momento da captura. Pero esta documentación perdeuse.

Yuriy Trushechkin di que recoñeceu a McCain cando vía un programa sobre as eleccións norteamericanas no que amosaron unha imaxe dun xove McCain vestido de uniforme.

McCain pasou 1967 días (cinco anos e medio) nos cárceres vietnamitas antes de ser posto en liberdade o 15 de marzo de 1973 –xusto despois da sinatura do Tratado de Paz de París entre Vietnam e os Estados Unidos.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com