Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Na defensa do emprego na automoción
01/11/2008

A CIG convoca MANIFESTACÓN NA DEFENSA DO EMPREGO NA AUTOMOCIÓN. Día 3 de novembro ás 20 horas desde Vía Norte (Vigo)

Asistimos a unha crise na que os Bancos chantaxean aos Gobernos para apropiarse de mais capital público, do diñeiro de todos; e logo quererán descontalo reducindo pensións, desemprego, sanidade, etc. Non lles chegan para saciarse os Miles de Millóns de Euros que ata agora se inxectou no sistema financeiro para darlles liquidez. Os bancos continúan estrangulando ás pequenas empresas e a propia clase traballadora no seu consumo, negando cretos que ata agora concedían con toda facilidade.

Necesitamos cambiar un modelo económico que se basea en baixos salarios e un consumo compulsivo financiado polos bancos. Estamos obrigados a vivir do creto en todo aquilo que mercamos, e este resultado favorécelles sempre a eles. Acaban cobrándonos moitísimo mais do que nos prestan, e nós estamos sempre hipotecados. A isto chámaselle usura, é legal e os xestores desta práctica cobran salarios astronómicos.

O capital pretende aproveitarse desta crise para retirarnos mais dereitos. No sector da automoción, non parece importar que nestes últimos anos os beneficios das empresas acadaran os resultados mais impresionantes da historia. Pero non lles chega. Queren nesta situación sacar mais vantaxe sobre os traballadores.

Neste momento de descenso nas vendas pola caída do consumo que antes falábamos, o lóxico sería un compromiso destas empresas do Automóbil co mantemento do emprego. Os beneficios anteriores dan para moitos anos e na actualidade xa se perderon mais de 600 postos de traballo eventuais na Comarca de Vigo. Pero a verdadeira estratexia de acoso aos nosos dereitos pasa pola ameaza colectiva dos ERE ( Expediente de Regulación de Emprego) se non aceptamos a aplicación de Bolsas de Horas e flexibilidade.

A Patronal do Automóbil quere impor a desregulación da xornada de xeito definitivo. Non queren
homoxeneizala reducindo o cómputo anual coa do cliente. A medida estrutural apropiada neste momento sería reducir a produción diaria para non ter que parar ningún día. Pero as empresas rentabilizan esta medida de todas maneiras. Paran xornadas enteiras afectadas por un ERE, nas que o Estado paga os salarios dos traballadores, e posteriormente recuperan estes paros en anos sucesivos pola Bolsa de Horas. A xogada é maestra, conseguen flexibilidade e aforran salarios.

Nestes días a Xunta aprobou un creto de 500 Millóns de Euros para o Sector. Esta financiación debe garantir que non se aplicarán ERES e non se modificarán as xornadas de traballo. Parecería unha obscenidade que dándolles o diñeiro de todos nós para o seu uso privado, continúen tomando medidas contra os nosos dereitos.

Mobilízate coa CIG contra os expedientes de regulación e a flexibilidade.
Pola defensa do emprego no Sector da Automoción
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com