Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado da Fronte Popular para a Liberación de Palestina
29/12/2008

Máis de 270 mortos en Gaza e centos de feridos nunha xeira de crimes cometidos polo ocupante sionista contra o pobo palestino en Gaza o 27 de decembro de 2008. Os ocupantes dispararon decenas de mísiles desde helicópteros Apache e avións F-16 contra ducias de edificios gobernamentais, no centro de barrios residenciais densamente poboados e, á vez, cos estudantes regresando á escola.

Hai manifestacións en toda a ribeira occidental e en todo o mundo árabe, en protesta pola brutalidade destes crimes masivos.

A Fronte Popular para a Liberación de Palestina emitiu unha declaración chamando á máis ampla resistencia para facer fronte a esta agresión contra o pobo palestino e para responder a estas matanzas, e pola unidade da resistencia e a unidade do pobo palestino, a desafiar ao ocupante cunha resistencia forte e constante, malia toda a súa brutalidade. A declaración destacou a urxente necesidade da unidade nacional para combater os crimes contra o noso pobo e resistir en unión até sacudir o cimentos do ocupante.

A declaración da FPLP exhortou ademais a todas as forzas da resistencia a unirse agora, estabelecendo unha fronte de resistencia unificada coordinada para asumir o reto destes ataques contra o pobo palestino. Referiuse á responsabilidade dos Estados Unidos nestes ataques, como un socio estratéxico dos ocupantes, traballando man a man nas súas matanzas e crimes contra o pobo palestino, e como subministrador das armas empregadas polo ocupante contra Palestina. Tamén se referiu á complicidade dos réximes árabes nestes crimes, en particular, o réxime exipcio, pola súa continua e activa participación no bloqueo e o asedio do pobo palestino en Gaza e nas súas reunións e conversas cos ocupantes sobre os seus plans en Gaza. Estas matanzas estanse levando a cabo grazas ao silencio cómplice dos gobernantes árabes.

A FPLP pediu tamén que se poña fin inmediatamente a calquera negociación con este brutal ocupante, e declarou que se Abu Mazen non acaba de inmediato coas negociacións ten que renunciar agora. A natureza do inimigo sionista e a súa dedicación á erradicación do pobo palestino ponse ao descuberto con estes ataques, calculados para causar o máximo dano e custe humano. Os últimos sesenta anos son unha historia ininterrompida de masacres e crimes contra o noso pobo, e esta masacre de hoxe é unha expresión máis do carácter ilexítimo da situación colonial que padece o territorio palestino.

A declaración conclúe pedindo a todos os seus combatente e aos seus grupos militares que leven a cabo as accións máis fortes posíbeis de resistencia contra os ocupantes e ás súas matanzas, por todos os medios á súa disposición, e chama á máis ampla solidariedade árabe e internacional, para que xente saia ás rúas para condenas estas matanzas, para mostrar que o pobo árabe e o mundo están con Palestina e co pobo palestino, e para deixar claro que non permitiran que continúa a complicidade activa dos réximes árabes e do resto do mundo cos crimes dos ocupantes.

O pobo palestino enfrontara estas matanzas con constancia, forza e unidades, resistindo a todos os crimes e ataques contra civís, barrios residenciais e escolares. Estes crimes non poderán acabar coa resistencia.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com