Rundschau Nº 41, 03/08/1939Mao Tse Tung, o Secretario do Partido Comunista de China, falou sobre a cooperación dos xaponeses cos trotskistas: «Hai moi pouco tempo, nunha das divisións do Oitavo Exército Popular Revolucionario, un home de nome Yu Shih foi identificado como un membro da Organización Trotskista de Shanghai. Os xaponeses enviarono alí desde Shanghai para que el poidera facer o traballo de espionaxe no Oitavo Exército e realizar o traballo de sabotaxe.
«Nos distritos centrais de Hebei, os trotskistas organizaron unha ‘Compañía-Partisana’ baixo o mando directo da xefatura xaponesa e puxéronlle de nome ‘Segunda Sección do Oitavo Exército’. En marzo, os dous batallóns desta compañía organizaron un motín, pero eses bandidos foron arrodeados polo Oitavo Exército e desarmados. Na zona fronteiriza esta xente é arrestada polas unidades de autodefensa campesiña, as cales levan a cabo unha implacábel loita contra traidores e espías. «Axéntes trotskistas están sendo enviados ás rexións fronteirizas onde empregan sistematicamente todos os métodos de sabotaxe contra a cooperación entre o Kuomintang e o Partido Comunista. Tentan destruír a moral dos soldados do Oitavo Exército, dos estudantes e das xentes das rexións fronteirizas. Quixeron incitar á xente contra a Fronte Unida, contra o Goberno Central, contra a guerra de independencia, contra o Mariscal Chiang Kaishek.»
Nunha entrevista co xornalista soviético R. Carmen, que actualmente está na China, Mao, recoñecido polos xaponeses como o mellor estratego chinés, declara que as tentativas dos reaccionarios ingleses e doutros políticos para convencer a China de que renuncie aos seus plans están destinadas ao fracaso. «China non está só disposta a golpear aos xaponeses, senón tamén a reforzar a Fronte Nacional e Unido e amplialo. Só moi poucas persoas queren colaborar cos xaponeses e loitar contra o Goberno Central Antixaponés e a Fronte Unida... Se non acabamos con esa xente será difícil vencer aos xaponeses. |
Camaradas,
Gostei do blog e da matéria acima.
Recomendo:
http://cemflores.blogspot.com
para discutir a crise do capitalismo e o marxismo-leninismo de forma séria