Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

FPLP: A nosa posición sobre o “alto o fogo” e as armas da Resistencia
19/01/2009


A Fronte Popular para a Liberación de Palestina reafirmou o 18 de xaneiro de 2009 a súa posición sobre o chamado “algo o fogo”, indicando que a FPLP amosa o máximo respecto pola decisión dos seus irmáns e irmáns na Resistencia de declaranev unha semana de alto o fogo. Xa que compartimos a declaración da vitoria con todo o noso pobo, hoxe queremos reafirmar o noso rexeitamento a calquera alto o fogo e á política da chamada “calma”.

Sempre nos opuxemos á política da “calma”, porque representa unha oportunidade e outra falsa xustificación de Israel para atacar ao noso pobo e aumentar a presión sobre a Resistencia desde todas as frontes do campo inimigo –non só os ataques militares israelís, senón tamén a presión política e os ataques dos réximes árabes, da Unión Europea, dos Estados Unidos e do autodenominado “Cuarteto”. A política de “calma” convértese nunha trampa para a Resistencia, trampa que sempre deberíamos evitar, xa que a ocupación é de seu un acto de agresión. O noso pobo ten o dereito a resistir, como pobo ocupado, e mentres a Resistencia poida tomar decisións tácticas sobre como librar a nosa loita, nunca podemos permitir tomar decisións que se convertan en armas nas mans dos nosos inimigos.

Unidades das forzas terrestres do inimigo permanecen en Gaza e o sitio non rematou, non abriron os cruces fronteirizos, especialmente o de Rafah. O inimigo non declarou a fin do seu bloqueo naval e a súa forza aérea continúa a invadir o noso ceo, nun intento de crear medo e terror no noso pobo. Pobo que deu 1300 mártires nas pasadas tres semanas, así como 5000 feridos, ademais da destrución de 4.000 fogares, barrios enteiros, e moita da nosa infraestrutura civil en Gaza. As fronteiras non se abriron, e en todos os pasos fronteirizos, particularmente o de Rafah, os produtos básicos necesarios para o noso pobo agardan un paso seguro.

O inimigo está tratando de conseguir pola vía política o que non foi quen de acadar polos medios militares. Fracasou, malia a súa táctica de terra queimada e as masacres sobre o noso pobo, no seu intento de eliminar a Resistencia e acabar coa perseveranza do noso pobo. Agora, está tentando agochar o seu fracaso co seu acordo cos Estados Unidos –un acordo que non vale nin o papel no que está escrito. A FPLP quere deixar claro con esta posición que o noso pobo e a nosa resistencia non renuncia aos nosos dereitos e ás nosas armas, e que, de feito, esta última agresión só vai axudar a fortalecer a nosa determinación por mellorar a nosa resistencia e a capacidade das nosas forzas.

Ademais, a cimeira de Sharm el-Sheikh entre os europeos e algúns réximes árabes representa unha ameaza para o conxunto do mundo árabe e é un símbolo do intento de revivir o colonialismo no mundo árabe. “Controlar” a fronteira entre Exipto e Palestina só significa que eses poderes coloniais e as súas forzas están volvendo á nosa rexión. A soberanía é unha cuestión principal para diferenciar unha nación libre dunha que está baixo as botas do colonialismo e a ocupación. O emprego da expresión “contrabando de armas” é outro método converter a causa nacional nunha “cuestión de seguridade” e é un intento de facer pasar por ilexítimas as armas da resistencia á ocupación do noso pobo. O dereito dun pobo baixo ocupación a resistir por todos os medios, incluída a loita armada, é fundamental e inviolábel, e non permitiremos que se acaban cos nosos dereitos baixo a escusa da “seguridade” ou da “estabilidade”.

A FPLP comprometeuse no campo de batalla con todos os noso irmáns e irmás de todas as organizacións da Resistencia desde o comezo da agresión o 27 de decembro de 2008. Compartimos no campo de batalla, e seguiremos a facelo, o pan e as balas co gallo de loitar contra o noso común e feroz inimigo sionista e aos seus aliados. A FPLP foi a primeira en lanzar un mísil contra as forzas inimigas nesta agresión e estaremos en primeira liña perseguindo ao inimigo até que se retire dos últimos centímetros da Franxa de Gaza.

Gloria aos mártires!
Vitoria para a Resistencia!
Longa vida ao Pobo Palestino e á Nación Árabe!
Longa vida á loita e solidariedade internacionais!
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com