Para a organización comunista palestina, a Resolución 1860, aprobada o 8 de xaneiro, permite continuar o asedio e as matanzas contra os palestinos. Afirma a FPLP que esta resolución non está feita para protexer os dereitos fundamentais dos palestinos, que non condena a masacre contra Gaza e que permite que Israel continúe coa súa agresión e asedio.
Para o camarada Maher al-Taher, membro do Comité Político da FPLP e líder da organización no exilio, a resolución asume unha postura “neutra” entre a vítima e o verdugo, o que lle permite a este último continuar a súa agresión. Maher sinalou que a Fronte se nega a aceptar calquera decisión ou iniciativa internacional que non condene a agresión contra Palestina, que non esixe a fin do asedio e a inmediata apertura dos pasos fronteirizos, incluído o de Rafah.
Ademais, a FPLP denunciou os plans para a chegada das chamadas “forzas internacionais” en Gaza, ao considerar que isto significaría un intento de minar os dereitos nacionais e fundamentais do pobo palestino, impoñendo unha forza internacional para protexer a ocupación, para reprimir aos palestinos e para desarmar á Resistencia. Para a FPLP, estas forzas internacionais serían rexeitadas por todo o pobo palestino. |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.