Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Gaza, 6 de xaneiro: Últimas informacións da FPLP
06/01/2009
A Fronte Popular para a Liberación de Palestina informa dunha acción levada a cabo onte 5 de xaneiro. Unidades especiais do exército ocupante foron atraídos ao interior dunha vivenda, na cal foran colocados explosivos. Cando os ocupantes entraron na casa, os partisanos palestinos fixeron detonar os explosivos, causando 3 mortes e deixando feridos a 30 sionistas. Como sempre fan os ocupantes, retrocederon 1 km e deixaron que a forza aérea bombardeara a zona.

En Rafah, a FPLP informa do derrubo dunha “zanana”, avión teledirixido non tripulado empregado polos ocupantes para estudar os próximos obxectivos dos seus bombardeos.

Ademais, a resistencia comunista continuou o lanzamento de foguetes. Foron 45 os lanzados o 5 de xaneiro, incluído un mísil Grad.

As Brigadas Abu Ali Mustafa continúan organizadas xunto coas milicias de Hamas combatendo na zona leste de Gaza.

Pola súa parte, o Secretario Xeral da FPLP, o camarada Ahmad Sa’adat, emitiu unha declaración desde a prisión este 5 de xaneiro. O camarada Sa’adat pediu aos palestinos que convertan Gaza nun cemiterio para os ocupantes, chamando á unión da resistencia e a aumentar a solidariedade internacional.

Tamén exhortou á Autoridade Palestina á liberación inmediata dos prisioneiros políticos e esixiu ao seu presidente a que deixe claro onde está, se coa resistencia ou co inimigo.

Tamén desde os cárceres, un comunicado asinado por todas as forzas nacionais palestinas foi publicado onte pola noite, en el pídese a unión de todos os resistentes no campo de batalla.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com