Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Gaza: comunicado do Partido Comunista dos Obreiros e Campesiños de Paquistán
10/01/2009
O Partido Comunista dos Obreiros e Campesiños de Paquistán condena enerxicamente a masacre levada a cabo contra o pobo palestino polo Estado sionista de Israel, coa explícita cooperación do imperialismo norteamericano.

Israel é un estado racista e colonial. Tendo en conta a actitude hostil do Estado de Israel co pobo palestino nos últimos 60 anos, o pobo de Palestina ten o lexítimo dereito moral de defenderse contra a agresión sionista a través da loita armada. O noso partido, polo tanto, estende o seu apoio por todos os medios posíbeis á resistencia palestina.

O noso partido tamén condena a covarde reacción dos gobernantes árabes que se sitúan do lado dos imperialistas norteamericanos e do sionismo contra o pobo traballador dos seus propios países. O desprezábel papel desenvolvido por Hosni Mubarak, pechando o paso fronteirizo de Rafah aos refuxiados palestinos e á axuda humanitaria, aumentou a miseria do pobo palestino. Os dirixentes árabes deben saber que o seu silencia actual non é outra cousa que complicidade.

O noso partido saúda á Fronte Popular para a Liberación de Palestina, e particularmente ao seu líder, o camarada Ahmed Sa’adat, por permanecer firme ante a agresión sionista.

Os pobos do mundo compartirán sempre un vínculo histórico coa loita palestina. A loita palestina pola independencia é unha loita dos oprimidos do mundo, co pobo de Palestina na vangarda, contra o imperialismo e a opresión colonial.

Longa vida á Resistencia Palestina!
Longa vida á FPLP e ás Brigadas Abu Ali Mustafa!
Longa vida á Revolución!
Morte ao sionismo!
Morte aos imperialistas estadounidenses!
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com