Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Gaza: Comunicado do Partido do Traballo de Irán (Toufan)
02/01/2009
Condenamos a masacre da poboación de Gaza polos israelís sionistas!

Partido do Traballo de Irán (Toufan)
29/12/08



O sábado 27 de decembro de 2008, centos de avións F-16 e helicópteros invadiron a Franxa de Gaza. Centos de lugares, incluíndo as comisarias de policía, zonas residencias, hospitais, campamentos de refuxiados, o Ministerio do Interior, centro de educación superior e as mesquitas son branco dos ataques. Segundo as estatísticas dispoñíbeis, máis de 300 persoas foron asasinados e 2000 están feridas. Nenos, mulleres, anciáns atópanse entre os mortos e feridos. O intenso bombardeo de Gaza polo exército hitleriano de Israel continúa sen cesar e o número de mortos e feridos aumenta cada hora. O Partido do Traballo de Irán (Toufan) condena enerxicamente a brutal agresión israelí contra o pobo de Gaza.

Os criminais israelís afirman que a súa agresión é a resposta aos lanzamentos de foguetes por parte de Hamas a cidades israelís. Esta afirmación non vale un peso. Os mísiles feitos a man en Gaza, cada un cuns poucos quilogramos de primitivo explosivo, non teñen o poder de facer un dano substancial ás cidades israelís nin ás posicións estratéxicas de Israel. O certo é que os gobernantes israelís non poden vivir sen a ocupación de Palestina, sen a súa política expansionista, ou sen a opresión dos pobos da rexión. A agresión e a inimizade cos árabes encóntrase na natureza do sionismo. Durante seis décadas, os gobernantes israelís empregan escusas semellantes para masacrar ao pobo de Palestina. A recente agresión israelí non é nin a primeira nin será a última agresión contra o pobo palestino. Mentres o racismo e o sionismo estean presentes en Israel, o asasinato, as masacres e a eliminación do pobo de Palestina continuará. Os seis meses de alto o fogo en Gaza terminaron hai unha semana. O goberno sionista de Israel violou o cese do foto moitas veces. Durante máis de tres anos, Gaza estivo baixo un estricto bloqueo por mar, aire e terra.

Un millón e medio de palestinos en Gaza enfrontáronse coa escaseza de alimentos, combustíbel, medicinas e outras necesidades básicas. Nesta situación, o goberno israelí ‘quere’ un cese de fogo cos palestinos, un cese do fogo no que un lado ten que ser destruído con fin de satisfacer os obxectivos expansionistas e criminais do outro lado. Os partidos políticos israelís chegaron a un nivel de barbarie sen precedentes, e canto maior sexa a súa aposta pola opresión e as matanzas, maior posibilidade de gañar as eleccións terán!

Os gobernos israelís non serían capaces de levar a cabo e manter as súas agresión sen o respaldo financeiro e militar dos imperialistas Estados Unidos. As distintas administración estadounidenses sempre alentaron, promoveron e apoiaron a guerra de Israel contra os pobos do Oriente Medio. A recente agresión israelí en Gaza levouse a cabo no momento no que os imperialistas Estados Unidos foron derrotados no Medio Oriente, enfrontados a unha profunda crise económica e ao descontento cidadá. Nesta situación, a extensión da guerra a outras zonas do Medio Oriente alarmou a toda a humanidade, particularmente aos habitantes desa rexión. Os imperialistas occidentais, encabezados polos Estados Unidos, xunto cos sionistas israelís, non dubidan en masacrar ao pobo que loita pola súa liberdade, independencia e soberanía nacional.

A barbarie e a sede de guerra dos gobernantes de Israel non ficou sen resposta. A xente de moitos países expresou a súa indignación e a ira da carnicería israelí. Activistas nos Estados Unidos, Alemaña, Francia, Turquía, Grecia, Irán, Exipto, Xordania, Iraq, Israel, Inglaterra, Siria, e noutros moitos países, amosaron a súa solidariedade co sufrido pobo de Gaza. Temos que mobilizar á xente para continuar, ampliar e intensificar as accións de protesta. Máis unha vez, o Partido do Traballo de Irán (Toufan), condena a brutal agresión israelí contra o pobo de Gaza. Facemos un chamamento a todos os amantes da liberdade para que protesten contra a destrucción e a morte en Gaza. A masacre de Gaza debe cesar inmediatamente, e o bloqueo debe terminar.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com