Non aos crimes de guerra de Israel! Mans fóra de Gaza! Viva a heroica resistencia palestina!
O Partido Comunista de Canadá (Marxista-Leninista) condena enerxicamente a continuación dos bombardeos aéreos israelís sobre a Franxa de Gaza, que comenzaron o 27 de decembro, e pide o cese inmediato de toda agresión contra a Franxa de Gaza e o pobo palestino. Os atroces crimes sionistas constitúen unha forma de castigo colectivo polo Estado israelí, apoiado polos imperialistas Estados Unidos, co obxectivo de esmagar a heroica resistencia dos palestinos á ocupación inxusta e ilegal. Os palestinos rexeitaron e continúan a rexeitar todos os esforzos e maquinacións para extinguir os seu dereitos histórico e nacional á autodeterminación.
O PCC (ML) condena tamén a indignante resposta do Ministro de Relacións Exteriores de Canada, Lawrence Cannon, para tentar culpar aos palestinos destes crimes israelís. Malia o feito de que foi Israel o primeiro en rachar a tregua, Cannon sostén que o de Israel é defensa propia e que o único que busca é evitar a morte de civís! Dálle así un carácter lexítimo ao que son crimes de lesa humanidade, a violación clara da lexislación internacional, incluído a Cuarta Convención de Xenebra de 1949, e o intento de destruír a nación palestina.
O PCC (ML) pide á clase obreira e ao pobo de Canadá que condenen esta brutal agresión israelí, esixan o seu cese inmediato e participen nas accións organizadas por todo o país.
Non aos crimes de guerra israelís! Mans fóra de Gaza! Viva a heroica resistencia palestina! |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.