Paul Joseph Watson
PrisionPlanet.com
19/01/09Israel anunciou que está a crear unha rede de blogueiros para combater sitios webs considerados “problemáticos” polo estado sionista, seguramente para facer propaganda sobre a necesidade de asasinar bebes e rapaces no nome da lexítima defensa.
A reputación mundial de Israel de ser os novos Nazis xa estaba solidamente asentada, mais os incesantes e indiscriminados bombardeos sobre Gaza, sinalados polos observadores internacionais como crimes de guerra, non fixo máis que endurecer aínda máis a opinión sobre este país, e isto manifestouse, como en ningures, na internet.
A resposta de Israel será asolagar a Rede de relacións públicas que tentarán crear un falso consenso que xustifique as bárbaras accións do estado sionista.
Segundo un informe aparecido no Haaretz, o Ministerio de Absorción e Inmigración está creando «un exército de blogueiros» quen «representarán» a Israel nos «blogs antisionistas» en inglés, francés, español e alemán.
O Director Xeral deste ministerio, Erez Halfon, afirmou a Haaretz que máis dun millón de persoas que falan unha segunda lingua están sendo o branco dunha campaña de recrutamento de voluntarios para intervir nos sitios webs considerados “problemáticos”. A súa misión, presuntamente, será converterse en trolls inzando foros e blogs con argumentos prosionistas, unha estrataxema de relacións públicas que xa vimos empregar a outras entidades como Monsanto ou, máis recentemente, Cetcom e a Forza Aérea norteamericana.
Todos estes esforzos por se infiltrar na Internet e facer propaganda a prol da guerra están ben documentados.
CENTCOM ten programas en curso para infiltrase en blogs e foros para garantir que a xente «teña a oportunidade de ler historias positivas», como que Iraq ten unha marabillosa democracia e a ‘guerra contra o terror’ é realmente para protexer aos americanos de Al-CIAeda.
En maio de 2008, sóubose que o Pentagono ampliou “Operacións de Información” na Internet, cuxo obxectivo é crear novos sitios webs en linguas estranxeiras, cun deseño semellante aos dos medios de comunicación independentes, mais que realmente son difusores directos de propaganda militar.
Máis recentemente, The New York Times puxo ao descuberto unha rede secreta de axentes que veñen aparecendo nas principais redes de noticias dos Estados Unidos, contratados para promover os intereses do Pentágono e xerar noticias favorábeis á administración Bush e que se fan pasar por analistas militares independentes.
Esta operación foi formalmente anunciada no ano 2006, cando o Pentágono creou unha unidade para «difundir mellor as súas mensaxes a través de canles de información continua, particularmente internet». Noutra ocasión, o Pentágono afirmou que aumentaría a súa capacidade para contrarrestar noticias «incorrectas» e explotar novos medios de comunicación.
Hai pouco máis dunha semana, a Forza Aérea dos Estados Unidos anunciaron un plan de resposta “contra-blog”, destinado a reaccionar sobre o terreo contra os blogueiros que teñen «opinións negativas sobre o goberno dos Estados Unidos e a Forza Aérea».
O plan, creado pola sección de relacións públicas da Forza Aérea, inclúe un detallado listado de doce puntos que estabelece como os funcionarios deben combater o que se describe como blogueiros “trolls”, “errados” e “ragers”.
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.