Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Non esquezamos a Gaza! Balance e perspectivas de acción
24/01/2009
Michel Collon
Beirut, 19 de xaneiro


O alto o fogo non representa nin a vitoria de Israel, nin a paz, mais si a preparación dunha nova agresión dentro de un, dous ou tres anos máis... A nosa responsabilidade radica en aprender do balance destas tres semanas de sufrimentos. E especialmente aprender sobre: que facer para protexer á xente de Gaza?; para traballar por unha paz verdadeira e para elaborar unha información máis precisa para os nosos concidadáns. Algunhas reflexións de urxencia redactadas desde Beirut onde fun convidado a participar no Foro Social Mundial na súa primeira sesión celebrada no mundo árabe...


1. Israel segue un plan a longo prazo

« -Até hoxe, eu era partidario de Israel nun 100%, mais agora teño que preguntarme: Que Estado é este?
- Un Estado racista que quere aumentar o seu territorio.
- Si, agora véxoo perfectamente.»

Esta diálogo entre dous pais, escoitado por un amigo na porta dunha escola de Luxemburgo, é típico. A crueldade da agresión contra Gaza abriu os ollos dun bo número de persoas. Disparar contra mulleres, crianzas, hospitais, ambulancias, escolas, de xeito tan repetido, non son “excesos”. Cometéronse algúns feitos semellantes en 1948, 1967, 1982, 1987-1993, 2000, 2006... O certo é que Israel segue un plan a longo prazo: aumentar o seu territorio invadindo Palestina, o que implica aterrorizar á poboación e forzala a evacuar a rexión.

Ese era o obxectivo real do ataque contra Gaza. Certamente, Israel pretendía eliminar a Hamas, mais todos os analistas saben que iso era inalcanzábel. Había tamén un obxectivo inmediato e sórdido: evitar unha derrota nas eleccións. Cantos votos lle reportará cada crianza asasinada, Sr. carniceiro Barak?

Por suposto, para persuadir á opinión pública, o Goberno israelí pretende facer crer que está desexoso de negociar. Pero eliminou coidadosamente a todos aqueles que estaban dispostos a negociar con el. Encarcerou a perpetuidade a Marwan Bargouti, un laico, líder xusto e popular de Fatah; encarcerou por trinta anos a Ahmed Sadaat, un laico, secretario xeral da Fronte Popular para a Liberación de Palestina; agora pretende eliminar a Hamas. E despois con quen negociará? Con Al Qaeda?


2. Unha guerra “made in USA”

Cada ano, Israel recibe catro mil millóns de dólares de axuda militar e outras axudas dos Estados Unidos. Máis que o conxunto dos países en vías de desenvolvemento. Malia violar todas as Resolucións da ONU e todas as normas do dereito internacional, e sexa condenada por isto por case todos os países do mundo.

A razón? Os Estados Unidos sempre consideraron que o Medio Oriente lles pertence, por mor do petróleo. Para monopolizalo, multiplicaron as chantaxes, os golpes de estado e as invasións militares. Manteñen ditaduras salvaxes en Arabia Saudita, Kuwait ou Exipto, pretendendo pasar por defensor da “democracia” no Medio Oriente.

O certo é que Israel é o seu portaavións, a “policía do petróleo”. Encargado de axudar a contrarrestar todo país que queira ser independente e empregar o seu diñeiro do petróleo, non para as caixas fortes de Exxon, senón para o desenvolvemento dunha economía autónoma.

Como o dicía aquí, onte, o sacerdote belga François Houtart, cofundador do Foro Social Mundial: «Israel forma parte dun proxecto imperial de soberanía do Norte sobre o Sur».


3. Unha guerra tamén de Europa

Europa pretende aparecer como neutra e “equidistante” entre Israel e os palestinos. “Neutra” entre agresores colonialistas e as súas vítimas? Realmente, apoia profundamente a Israel a quen trata como un case membro da Unión Europea, cualificando de terrorista ao Goberno palestino democraticamente elixido e proporcionando a Israel millóns de euros en armamento.

Así é de hipócrita o meu país, Bélxica, que pretendeu ser humanitaria enviando un avión para repatriar crianzas palestinas feridas, esquecendo precisar que foran feridas con armas, principalmente, belgas!

Ademais, Sarkozy fixo algo semellante ao negociar (cunha soa das partes!), exactamente para gañar tempo e permitir a Israel rematar o seu sucio traballo. O seu pequeno can Bernard Kouchner mentiu verbo desta masacre, como mentiu cada vez que había unha guerra de Occidente (Iraq, Iugoslavia, Afganistán). De ningún xeito neutros, apoiando sempre a Israel!

Detrás de Israel están os seus padriño: os Estados Unidos e a Unión Europea. Esta tamén é unha guerra polo petróleo. É a máis duradeira guerra de Occidente, que dura desde 1948. É o apoio ao último colonialismo do mundo. Quizais a peor porque se trata de baleirar un territorio dos seus habitantes!

O certo é que se está preparando á opinión pública europea. Ela tamén ten a idea de que será necesario –quizais algún día- facer a guerra contra “o perigo musulmán”.


4. Medios de comunicación en guerra?

Se os europeos puideran ver Al Jazeera, sairían á rúa desde o primeiro día, e Israel tería que deterse. Non me digan que nós estamos moi ben informados en Europa e son os árabes os que se equivocan.

Falen entón con franceses ou belgas de orixe árabe: viron outra guerra, non a de vostedes. Viron a atrocidade dos crimes, e iso desde o comezo. Escoitaron as declaracións das distintas partes da resistencia palestina e saben que un acordo de paz era posíbel a condicións de ser equilibrado e xusto. Eles coñecen a historia que se nos agocha, esa que non se pode dicir en ningún informativo europeo ou norteamericano: é dicir, que o conflito comezou cando Israel expulsou aos palestinos das dúas terras.

Logo, está vostede ben ou mal informado?


5. E podemos facer algo?

En Bruxelas, o 11 de xaneiro, púidose ver un fenómeno abraiante. Os grandes partidos que sempre sostiveron a Israel, incluído un partido que mantén estreitas e “fraternais” relacións co partido laborista israelí, estaban con todos na rúa, participando nunha manifestación de cincuenta mil persoas para esixir o alto o fogo!

Que explicación ten este misterio? O factor “Al Jazeera + internet” principalmente. O factor electoral a continuación. Os árabes de Bélxica, informados grazas á cadea qatarí, mobilizáronse. Convidáronme a falar en dúas mesquitas, en Bruxelas e Lille, e tiven a oportunidade de sentir a súa resistencia, e tamén a súa vontade de non continuar sendo marxinados e pasivos. A opinión dos non inmigrantes tamén evolucionou baixo a influencia das informacións da Internet; o monopolio de información xa non é tan absoluto como antes.

Os grandes partidos (haberá eleccións en xuño en Bélxica) deberon sentilo tamén. Xa que se constatou unha evolución, en tres fases, nos partidos e tamén nos medios de comunicación que lles seguen:

Fase 1: durante os primeiros días, dise que Israel ten «dereito a defenderse».

Fase 2: cando a crueldade da ofensiva israelí non pode xa agocharse, a crítica a Israel refírese a súa «resposta desproporcionada» (o que desculpa aínda a agresión).

Fase 3: cando a opinión pública se estremece diante do horror, chega a condena dos crimes. Iso si, só con palabras. Nada de actos, nin sancións, non hai suspensións dos incríbeis privilexios concedidos aos que cometen estes crimes.

Isto amosa o impacto dunha información verdadeira, e sobre todo o impacto dunha poboación, incluso minoritaria ao principio, que se mobiliza. Amósanos, tamén, que é posíbel ir alén.

Baixo que condicións?


6. A acción que ten que vir desde abaixo: boicot!

A solución non pode vir desde o cume, xa que as nosas multinacionais e os nosos Gobernos apostaron por Israel e a alianza cos Estados Unidos.

Atópome con moita xente que quere facer algo. Entre as distintas propostas, coido que o boicot é unha acción accesíbel a todos, bastante doado de practicar, nunha campaña de longa duración e que fará dano ao peto, polo tanto ao nervio da guerra.

A máquina de guerra israelí custa cara. É financiada polas rendas das froitas, verduras, flores e outros produtos que Israel vende, particularmente, nos supermercados europeos.

Na miña mocidade, participei na campaña de boicot que forzou aos racistas brancos de Sudáfrica a renunciar ao apartheid e á opresión dos negros. Este método de acción é eficaz, e aínda o é máis se se organiza colectivamente. 1. Con Comités por países e Comités locais de acción na base. 2. Non dispersando os esforzos, senón concentrándoos sobre algúns produtos (israelís, ou incluso dos seus cómplices norteamericanos e europeos) a determinar xuntos. 3. Todo isto acompañado dun traballo regular de información á poboación, de maneira concreta, pedagóxica e paciente. Iso pódese organizar agrupando todas as boas vontades nos barrios, e tamén nas escolas, empresas, asociacións, ... O mellor sería principiar cunha chamada de personalidades e movementos...


7. Necesitamos a unidade

En Beirut, onde estou, conversei –durante tres días- con ducias de persoas chegadas de numerosos países da rexión. Homes, mulleres, mocidade, crentes ou laicos. E, xa sei que mo preguntarán, si, con mulleres con velo; e podo garantir que non sentín diferenza no tocante ao compromiso, a reflexión ou a independencia de espírito. Unha dama marroquí, con velo, veu buscarme despois dunha charla, e falamos. Un pouco máis tarde, entrevisteime co seu marido, un parlamentar marroquí que me di: «Aí está a miña esposa, ou máis ben, eu son o seu marido, fun eu quen a acompañou» Pois ela, como moitas outras e outros, desbordaba ideas e actividades.

Tregua ás bromas, é a hora para que Europa se libere de tópicos e prexuízos. Todos os meus interlocutores están abraiados pola timidez da esquerda europea ante os crimes de Israel. E para min é moi difícil explicalo.

Agora non teño máis tempo. Mais é preciso volver outra vez sobre esta curiosa “esquerda” quen, para a maioría, non se move o necesario para acabar co último colonialismo. Esta esquerda que se impaciente moito por un posíbel ascenso do antisemitismo, por suposto condenábel, mais que non reacciona ante o ascenso real dunha islamofobia completamente paranoica lanzada por Bush e que estigmatiza aos nosos concidadáns inmigrados.

Esta esquerda non debería saír da súa torre de marfil e dos seus complexos de superioridade? Non debería tomar distancia dos seus medios de comunicación e dos seus dirixentes para ir ao encontro dos pobos do Sur? Preguntarse por que, no Medio Oriente, e tamén en América Latina, África, Asia, están todos contra Israel? Intentar comprender mellor as razóns desta cólera que invade ao Sur? E antes de dar leccións de democracia ao mundo enteiro, nós, os europeos, quen axudamos á instalación de gobernos como os de Hitler, Mussolini, Franco, Pinochet, Mobutu, Suharto e a maioría das ditaduras que manchan o planeta de sangue, antes –simplemente- preguntarnos: que podemos aprender destes pobos do Sur?

Todo foi moi rápido, son só algunhas reflexións que someto a vostedes... Pido que cada unha e un de nós asuma as súas responsabilidades, alí onde está e segundo os seus medios. Non esquezan a Gaza! Terán necesidade de axuda humanitaria inmediata. Pero sobre todo, para evitar a volta das bombas, terán a necesidade dunha información verdadeira. Non esquezamos a Gaza!

Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com