Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O miserábel comportamento do Occidente
02/01/2009
Agustín Velloso
Kimetz


Douscentos mortos, trescentos, catrocentos, que máis dá agora mesmo cen arriba ou abaixo. Son máis de cinco mil desde que comezou a segunda intifada e moitos miles máis desde que existe Israel hai sesenta anos, sen que a ONU, a OTAN, a UE nin ningunha outra organización internacional fixeran outra cousa que recompensar a Israel pola súa política de crimes masivos en Palestina.

Israel foi admitido na comunidade internacional como un Estado máis, aínda que se estabeleceu en 1948 mediante a masacre e a expulsión dos palestinos que vivían pacificamente nas súas terras até ese momento. Israel mantense financiado e armado polos Estados Unidos malia ás súas guerras e agresións contra países veciños. Israel foi premiado cun acordo político, económico e científico preferente coa Unión Europea, aínda que emprega sistematicamente tanques e avións contra a poboación palestina –da que o 50% é menor de idade-, á que mantén baixo ocupación militar desde hai corenta anos.

Os gobernos dos Estados Unidos, a Unión Europea e España informan habitualmente aos seus votantes de que “apoian totalmente a Israel, sexan cales sexan as circunstancias”, como asegurou hai pouco tempo o ministro español de asuntos exteriores, así que a consecuencia lóxica é que Israel matara onte sábado a case tres centos de seres humanos como se fosen bestas sen dereito algún.

A lista de violacións da lei internacional por parte de Israel é tan extensa como a dos árabes que matou en Palestina, o Líbano, Iraq, Siria, Xordania, etc. A naturalidade e a tranquilidade, cando non a sorna, coas que os líderes israelís ameazan constantemente con castigos e coa morte aos palestinos, revelan un carácter que se asocia a psicópatas de películas de serie B e non a persoas en cuxas mans –armadas con bombas nucleares- está a paz do mundo. A maiores, os occidentais consideran un crime criticar a Israel, e o asasinato de palestinos considérase no Occidente como un mal menor necesario para o avance do proceso de paz.
Os que no Occidente loan á ‘única democracia no Medio Oriente- son cómplices dos seus asasinatos, como o son os israelís que votan aos políticos que os ordenan. Hai moitos anos que o significado da verba democracia foi pervertido, así como o de dereitos humanos, ONU, dereito internacional, paz mundial e outras que empregan os poderosos para xustificar a imposición da súa vontade sobre os febles.

Resulta incríbel que o goberno de Hamas na Franxa de Gaza ofrecera só catro días antes desta última matanza, o 23 de decembro, renovar a tregua, a cal respectou durante meses a pesar de que Israel mantivera e aumentara o seu cruel asedio contra Gaza nese tempo, tregua que rachou nun claro acto de provocación a primeiros de decembro co asasinato de catro palestinos.

A inxenuidade de Haniye e o seu equipo contrasta drasticamente coa perversión do primeiro ministro israelí Olmert e o seu ministro de defensa Barak. Asemada, mentres xornalistas árabes e algúns observadores reflexionaron nos días pasados sobre os sinais evidentes do ataque israelí, a prensa occidental narcotizaba á opinión pública para apoiar, máis unha vez, as accións terroristas de Israel.

No último mes, Israel expulsaba de Gaza a xornalistas internacionalistas, delegacións estranxeiras, negaba o paso a diplomáticos e ao relator das Nacións Unidas, aumentaba o asedio, reducía aínda máis o paso de alimentos, medicinas e combustíbeis. Ao mesmo tempo, ameazaba con agredir aos palestinos. Occidente ignoraba estes sinais e criticaba a Hamas por dar por finalizada a tregua.

De novo ficou claro o concepto de dereitos humanos e dereito internacional para os gobernantes occidentais, así como o concepto de prensa libre ao servicio da verdade e da xustiza. Rite de Radio Mil Colinas, felicítate por viviren entre o mellor da civilización xudeu-cristiá muncial.

Agora é o tempo dos editoriais de prensa e das declaracións gobernamentais que condenen a Hamas por terminar a tregua, léase por non aceptar que Israel é o pobo elixido por Deus e polos Estados Unidos. É o tempo das resolucións dos Consello de Seguridade da ONU que piden o cese da violencia ás dúas partes, como se ocupante e ocupado, agresor e víctima, potencia nuclear e poboación famenta fosen dous contendentes en igualdade de dereitos e condicións.

Se se ten a sorte de non ser editorialista nin político, é o tempo de preguntarse como ten que responder un ser humano ante esta falta de humanidade tan abxecta da que somos testemuñas. Confinar na ONU, crer na declaración universal dos dereitos humanos, reclamar a acción da comunidade internacional, pedir a Israel que deteña os ataques é protexer ao agresor, é inhibirse ante a súa acción, é ollar para outro lado.

Resulta difícil pensar nun mundo –particularmente no Occidente- máis deshumanizado e cruel. Se aquí ninguén é capaz –nin no Nada- de ‘apiadarse da víctima’, ‘de estar xunto ao desherdado e oprimido’, é o máis probábel que no Medio Oriente defendan ao feble, protexan ao perseguido e castiguen ao agresor cos medios ao seu alcance.

Xa que a democracia, a ONU, a OTAN e o proceso de paz non valen en absoluto para protexer os dereitos humanos das víctimas de Israel e os seus aliados, nin para facer a estes máis humanos, hai que agardar que as operacións da resistencia tenten por todos os medios conseguir esta protección e –de rebote, non por propia iniciativa- que os demais recuperen algo da súa humanidade.

No peor dos casos, se non triúnfan, cando menos coa Apocalipse que nos agarda, terminaran os sufrimentos das víctimas e comezará o medo dos agresores.
2 Comments:
  • At 1/14/2009 09:06:00 da tarde, Blogger paulobg said…

    Excelente texto. É realmente sinistro observar o que o imperialismo causou no Ocidente. Este ódio desumano contra árabes, orientais e, principalmente contra o povo oprimido de todo mundo. Grupos de extermínio da Polícia Militar aqui no Brasil matam todos os dias pessoas pobres. E sabe o que a mídia e as pessoas fazem? Aplaudem! "Bandido bom, é bandido morto!" repetem. Como se bandido e pobre fossem sinônimos.

    Mesma coisa com os árabes e palestinos. Todo dia forças do imperialimo seja em Gaza, no Afeganistão ou no Iraque, matam cruelmente outros seres humanos. E são aplaudidos pela mídia e por grande parte das pessoas! Afinal, são todos "terroristas". E "terrorista bom, é terrorista morto!" repetem. Como se terrorista e povo árabe fossem sinônimos. E neste caso pior, como se "terrorista" fosse um demônio e não um homem que luta por seu povo, que luta contra a ocupação do imperialismo ocidental.

    Democracia e Ocidente são duas palavras que não se encaixam, definitivamente.

     
  • At 1/15/2009 01:02:00 da manhã, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Saúde. Graças pela tua participaçao. O racismo do Ocidente, o desprezo do burgués... E aquí temos que suportar aos colaboracionistas amigos dos sionistas... Nengum deles poderam parar nem aos povos que loitam contra o imperialismo nen aos obreiros que loitan contra os burgueses.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com