Centro Palestino de Información (18/01/09 – 16:59)
As distintas faccións da Resistencia Palestina anunciaron un alto o fogo na Franxa de Gaza, despois de que a ocupación non lograra ningún dos obxectivos durante as tres semanas da súa guerra salvaxe contra civís inocentes, que provocou máis de 1.200 mártires, un terzo deles crianzas, e máis de 5.370 feridos, na súa meirande parte crianzas, mulleres e anciáns.
Nun comunicado de prensa recibido polo Centro Palestino de Información, as faccións da Resistencia anuncian un algo o foto, ao tempo que insisten na retirada das forzas sionistas nun período que non exceda dunha semana, e a abertura de todos os puntos fronteirizos que permitan a entrada de axuda humanitaria e de socorro para salvar á poboación de Gaza, exposta a unha guerra de exterminio por parte das forzas de ocupación.
«As faccións da Resistencia Nacional Palestina afirman estar dispostas a aceptar calquera esforzo de Exipto, Turquía, Siria ou Qatar, que podan alcanzar as demandas do pobo palestino, incluída a retirada inmediata das tropas de terra da Franxa de Gaza, o levantamento do inxusto bloqueo israelí e a abertura de todos os pasos fronteirizos, incluídos os de Rafah», mentres que esixe a posta en marcha das decisións da Cimeira de Qatar «para apoiar á poboación de Gaza e a defensa dos dereitos legais do pobo palestino fronte á ocupación», afirma o comunicado. |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.