Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Camarada Abu Wadih:«A Resistencia é o noso dereito e continuará»
03/02/2009
O camarada Abu Wadih, voceiro das Brigadas Abu Ali Mustafa, brazo militar da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, afirmou que o pobo palestino ten o dereito a exercer todas as formas e medios de loita para conquistar os seus dereitos, facendo fincapé en que todas as opcións para combater a actual ocupación criminal deben manterse abertas sen ningún tipo de restrición.

Abu Wadih, nunha entrevista televisiva este 3 de febreiro, subliñou que a criminal agresión á Franxa de Gaza era un ataque ao conxunto do Pobo Palestino por parte dun ocupante brutal, non un intercambio de disparos entre dúas partes en pe de igualdade. Dixo que a posición da Fronte e das Brigadas era clara no tocante á cuestión do cese do fogo: a resistencia continuará mentres se manteña a ocupación, incluíndo o asedio de Gaza e o peche dos cruces.

O camarada Abu Wadih puntualizou que a resistencia palestina é fundamental na vida da xente, que non é algo illado do pobo, como sucede con todos os movementos de liberación nacional. O ocupante, sinalou, tenta utilizar isto para xustificar os seus bombardeos masivos e os masacres contra o noso pobo, os ataques contra civís e o emprego de todo tipo de armamento, incluídos tanques, avións, buques de guerra, mísiles e armas prohibidas internacionalmente. O mundo enteiro, dixo, é testemuña dos crimes cometidos polo ocupante en Gaza e deixa ao descuberto a falsidade a suposta “conduta ética” da que falan os sionistas. Internacionalmente, os pobos do mundo expresaron o seu apoio masivo e popular para co noso pobo baixo agresión e asedio.

O ocupante tentou destruír a resistencia, dixo Abu Wadih, porén, como a Resistencia Palestina é parte do pobo, non puideron nin illala nin destruíla. A Resistencia Palestina ten as súas raíces nas masas populares, loitando polo dereito do Pobo Palestino á liberación e á autodeterminación, e co obxecto de destruír estes dereitos fundamentais, os ocupantes bombardearon sobre as crianzas, os anciáns, as escolas, as casas e os edificios administrativos, aínda que isto non conseguir derrotar á Resistencia.

Sinalou que os Estados Unidos e Inglaterra continuaron apoiando e armando ao ocupante masacre tras masacre, proporcionando un sofisticado arsenal militar, mentres que o pobo palestino tivo que desenvolver todas as formas de resistencia á ocupación fronte a esta máquina de guerra. Afirmou que non haberá necesidade de resistencia cando o pobo sexa libre e todos os palestinos poidan volver á súa terra. Abu Wadih presentou un resume das operación das Brigadas durante a agresión sionista. Entre outras accións, lanzáronse 177 foguetes, 115 proxectís de morteiro e 15 RPGs, ademais de moitas accións conxuntas con outros grupos da Resistencia. Os combatentes das Brigadas Abu Ali Mustafa tamén levaron a cabo moitos enfrontamentos cos soldados ocupantes, detonaron coches bomba e colocaron numerosos explosivos contra os vehículos do inimigo.

O camarada Abu Wadih rendeu tributo ao mártir camarada Ashraf Banar, morto na batalla contra o ocupante.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com