Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Falece Vasilis Papasotiriu, presidente do Movemento pola Reorganización do Partido Comunista de Grecia 1918-55
02/02/2009
Comité Político do Movemento pola Reorganización do Partido Comunista de Grecia 1918-55*


O sábado, 31 de xaneiro de 2009, o camarada Vasilis Papasotiriu morreu na súa casa en Atenas.

O camarada Vasilis Papasotiriu, comunista revolucionario, foi membro do revolucionario Partido Comunista de Grecia desde 1941, do partisano Exército Popular de Liberación Nacional (ELAS) e do Exército Democrático de Grecia (DSE). Mantivo a súa loita contra o revisionismo krushchevista e foi fiel á liña revolucionaria de Stalin e Zachariades** até a súa morte.

Foi presidente do Movemento para a Reorganización do Partido Comunista de Grecia 1918-55 e editor do periódico Anasintaxi.

O seu funeral tivo lugar na aldea de Marathias, en Nafpaktos, hoxe luns.

--------------------------------------------------


*N. de Estoutras: Máis coñecido como Anasintaxi (Reorganización). Naceu en 1996, cando se unen pequenos grupos marxistas-leninistas como o Movemento por un Partido Comunista Unido de Grecia, antigos exiliados comunistas na URSS e excombatentes da Exército Popular de Liberación Nacional (sección armada da Fronte de Liberación Nacional, principal movemento de resistencia antifascista). Esta a organización defende a tese de que o Partido Comunista de Grecia (KKE), como partido comunista revolucionario, só existe até 1955. A partir desa data, cando fala do KKE emprega a fórmula K”K”E. Publica quincenalmente o periódico Anasintaxi.

** N. de Estoutras elaborada con información extraída do artigo “50 anos desde a masiva rebelión dos comunistas gregos en Tashkent contra o revisionismo krushchevista”, publicado na revista Anasintaxi: Nikos Zachariadis é a figura referente do Movemento pola Reorganización do Partido Comunista de Grecia 1918-1955. En 1949, a guerra contra os monárquicos e os imperialistas anglo-americanos non ten ningunha perspectiva de vitoria, en parte pola traizón dos seguidores de Tito. O Comité Central do KKE, encabezado por Nikos Zachariades, decide o exilio a Tashkent, capital da República Socialista Soviética de Uzbekistán. Coa chegada a Khrushchov e a súa liña revisionista, a dirección revolucionaria do KKE é acosada. Centros de comunistas gregos son condenados: Giorgos Kalianesis, Dimitris Vicios, Nikos Fragos, Giorgos Makris... Un Comité Internacional para “solucionar” o problema do KKE, encabezada polo monicreque krushchevista Georgia Dez, intervén no KKE. Este comité convoca o ilegal pleno de marzo de 1956, que expulsa a toda a dirección. Nikos Zachariades é detido e enviado ao exilio. O KKE aproba a liña revisionista do XX Congreso. A meirande parte dos comunistas gregos (85-95%) rexeitan a traizón e defenden a Zachariades e a Stalin. Non seguintes anos, milleiros de comunistas son expulsados do KKE, controlado polos oportunistas de dereitas Kolligianis, Dimitrios Partsalidis e Markos Vafiades. A década posterior ao 56 foi de represión contra todos os comunistas fieis a Stalin e Zachariades: vixilancia, espionaxe, detencións, encarceramentos, exilio, etc. Moitos deles foron desterrados a Siberia, entre eles Nikos Zachariades, que, após 17 anos no exilio, é asasinado.
1 Comments:
  • At 2/18/2009 05:06:00 da manhã, Blogger Paulo said…

    Esses kruschovistas são uma vergonha para o comunismo! São uma praga! A pior delas! Malditos "burocratas com a carteirinha do Partido"! São os piores inimigos do povo, como o camarada Stalin alertava.

    Descanse em paz, grande camarada Vasilis! Sua luta sempre sera um grande exemplo, uma inspiraçao a todos os comunistas do mundo!

    Saudações comunistas!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com