Hoxe 19 de marzo, o patriota e comunista líder do FPLP foi repentinamente trasladado do cárcere de Hadarim ao de Asquelan, en réxime de illamento. O presidente da Asociación Mandela polos Prisioneiros Palestinos, o avogado Buthaina Duqmaq, afirmou que Sa’adat é un obxectivo principal das políticas represivas israelís por mor do seu liderado entre o resto dos prisioneiros, unha figura que reforza a unión e resistencia entre eles.
Ahmad Sa’adat padece unha lesións nas costas que precisa de tratamento médico. Os carcereiros israelís néganlles a atención médica que precisa. O réxime actual de illamento só vai agravar aínda máis a situación médica de Sa’adat.
A Campaña pola Liberdade de Ahmad Sa’adat demanda a fin deste illamento e pide a todos os solidarios internacionalistas que escriban ao Comité Internacional da Cruz Vermella (ICRC) e a outras organizacións de dereitos humanos para que esixan a Israel que Sa’adat, e todos os prisioneiros palestinos, reciban tratamento médico e que remata esta situación de illamento. Poden escribirlle un correo electrónico ao ICRC (jerusalem.jer@icrc.org), para denunciar a situación de Ahmad Sa’adat.
O encarceramento de Sa’adat, condenado a 30 anos, é un exemplo dos intentos de Israel de illar do pobo palestino aos seus líderes máis consecuentes. Mais ningunha política represiva israelí vai rachar a vontade de Palestina, dos prisioneiros políticos e de Sa’adat.
Liberdade para Ahmad Sa’adat e para todos os prisioneiros palestinos! |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.