Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A Comuna de París: Relato curto ilustrado
31/03/2009





Prema na imaxe ou AQUÍ para ir á entrada completa. Se o prefire tamén pode descargar o arquivo en formato PDF (4,7 MB) desde esta lizazón.






Presentación por Estoutras


International Publishers publicou hai xa 75 un libriño sobre a Comuna de París. Tratábase dun conxunto de 18 debuxos expresivos e sinxelos que querían dar a coñecer á clase obreira americana o significado revolucionario desta xesta obreira. Acompañaban aos debuxos breves textos para facilitar a comprensión da Comuna. Nós limitámonos a traducir á lingua galega eses textos.

Por suposto, estamos só ante unha ollada moi limitada. A propia característica da obra e a súa función así o demandaban. Para unha análise política completa, sen dúbida, é mester botar man dos clásicos: Marx e Engels. O primeiro, co seu traballo A Guerra Civil en Francia, escrito e publicado no mesmo ano da Comuna de París. Engels, pola súa vez, coa magnífica introdución que fai á edición alemá desa obra de Marx publicada para celebrar o vixésimo aniversario da Comuna. Os dous, a carón das súas verbas de admiración ao valor da clase obreira parisiense, sinalan os principais erros dos Comuneiros: ausencia dun mando centralizado, exceso de magnanimidade, non ocupar todas as fábricas, non expropiar o Banco de Francia (chegouse ao paradoxo de solicitar préstamos para os labores revolucionarios!), etc.

Se o que se quere é un estudo histórico que detalle polo miúdo os feitos do París de 1871, entre os numerosos libros dedicados á Comuna de París, podemos mencionar o de Prosper-Oliver Lissagaray, A Comuna de París. Lissagaray, de orixe vasca, viviu en primeira persoa os acontecementos de París. Foi precisamente Marx, o seu sogro, quen compilou, e traduciu ao inglés, todos os materiais elaborados por Lissagaray.

Madia!, non podemos esquecer ao camarada Lenin. Ademais de innumerábeis referencias ao longo da súa dilatada obra, escribiu un artigo sobre a Comuna en 1911 para a revista Rabochaya Gazeta, “Na Memoria da Comuna”. Precisamente rematamos esta pequena presentación coas verbas coas que Lenin finaliza o seu artigo:

«A causa da Comuna é a causa da revolución social, a causa da completa emancipación política e económica dos traballadores. É a causa do proletariado de todo o mundo. E neste sentido é inmortal.»


Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com