Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Operación Valquiria: Como Hollywood atenta contra a Historia
02/03/2009
Entrevista de Grógoire Lalieu a Annie Lacroix-Riz*
25/02/09


Orixinal na páxina persoal da historiadora (formato PDF) e tamén no portal InvestigAction


«Stauffenberg era excepcional», di o actor Tom Cruise en plena promoción da película Valquiria. A produción de Hollywood relata a trama do 20 de xullo de 1944 na que un feixe de soldados alemáns tentaron asasinar a Hitler. Mais a película non se detén no perfil e motivacións destes resistentes. Annie Lacroix-Riz, profesora de Historia Contemporánea na Universidade de París-VII, explica os antecedentes dos acontecementos e ataca a idílica versión de Hollywood.

Cales foron as motivacións de Stauffenberg e o seus colaboradores? Lavar a honra de Alemaña, sucia polas atrocidades de Hitler ou salvar os móbeis dunha guerra que estaba a piques de perderse?

Evidentemente, a segunda proposta é a correcta. O complot é moi tarde e non significaba ningún tipo de desafío ás principais características da política alemá: ocupación, exterminio e saqueo. Stauffenberg o seus compañeiros apoiaron sempre ao réxime. Ningún estudo serio sobre o coronel nega a súa aprobación da política nazi e da súa contribución militar, incluso antes da guerra. Estes homes apoiaron as peores atrocidades do réxime nazi. Proceden dun entorno no que florece o odio á democracia, á filosofía progresista da Ilustración e aos xudeus.

O obxectivo dos acontecementos do 20 de xullo era negociar un acordo cos ingleses e norteamericanos. Era posíbel esta negociación?

Desde a derrota alemá en Stalingrado en 1943, existiron negociacións cos ingleses e estadounidenses para chegar a unha solución do tipo nazismo sen Hitler. Incluso houbo negociacións a finais dos 30 e principios dos 40. Tratábase de discusión formais, a nivel gobernamental ou a nivel empresarial, nas que se falaba do reparto do continente e, sobre todo, sobre unha expansión na Unión Soviética. Naquela época, estas negociacións non tiveron éxito, xa que Alemaña pedía máis do que os anglo-americanos estaban dispostos a conceder. Ten que saber, porén, que esta política de compromiso, iniciada orixinalmente co nome de política de acougamento, mantívose moi viva nos anos que seguiron e só foi minada pola situación militar. De feito, os grandes empresarios alemáns mantiñan ligazóns co empresariado inglés e aínda máis co norteamericano. Así, pouco despois da entrada dos Estados Unidos na guerra a raíz do bombardeo de Pearl Harbor en 1941, importantes personalidades deste país vinculadas ao negocio petroleiro participaron nunha reunión en Xenebra cos seus colegas da IG Farben, o imperio alemá da química industrial. A mensaxe destes últimos foi: «Vostedes esquécense da Unión Soviética e xa se arranxarán co resto.» Mais, evidentemente, pouco había que negociar após o desastre da Blitzkrieg (guerra lóstrego). Xa que logo, a proposta alemá ficou totalmente invalidada.

Entre algúns militares alemáns, as discusións diplomáticas camiñas por ese mesmo rego, explorando vías para unha solución sen Hitler. Esta idea tiña unha boa acollida entre os dirixentes e os empresarios anglo-estadounidenses, quen trataron de demostrar que, en última instancia, só uns poucos de homes substituíbeis impedían a reconciliación con Alemaña. É esta unha característica moi importante da política dos Estados Unidos respecto aos inimigos oficiais da época, como Italia ou Francia. Neste último caso, que estudei polo miúdo (1), os norteamericanos tentaron estabelecer o que eu chamo unha solución de Vichy sen Vichy, é dicir, manter o réxime substituíndo tan só uns poucos dirixentes.

Por que manter estas estruturas?

As grandes patronais dos países ocupados mantiveron as súas posicións de antes da guerra, é dicir, moi fortes vínculos coa Alemaña e unha política de colaboración. Esta política foi máis alá; da entrega masiva de bens até a asociación de capitais, tendo coidado, evidentemente, de excluír as contribucións xudías. As patronais proseguiron ao mesmo nivel as políticas que caracterizaran o período de entreguerras, renovando as políticas dos carteis comerciais, os acordos sobre os prezos, a ampliación dos mercados... É evidente que as grandes empresas apoiaron a ocupación alemá e, ao contrario do que afirman algunhas lendas, esta non atopou resistencia ningunha neste ambiente. Estudei o que pasou en Francia e outros traballos semellantes que se fixeron noutros países.

Os Estados Unidos tiveron unha colaboración moi activa co Terceiro Reich. Oficialmente, esta política cesou polas rivalidades interimperialistas exacerbadas pola crise, especialmente desde 1934. Extraoficialmente, as relacións co empresariado mantívose dunha forma clandestina, incluso en tempo de guerra. Charles Hingham ofrece unha excelente visión deste fenómeno (2). Incluso en tempo de guerra, algúns vínculos non rachan. Co remate do conflito, cando se estabelece un compromiso sobre a base da derrota dos socios-rivais, retómanse formalmente as políticas de colaboración que, en realidade, nunca desapareceran. Jacques Pauwels demostrou perfectamente no seu libro Le Mythe de la bonne guerre (3) que: o mantemento da colaboración clandestina fixo imposíbel toda desnazificación ou depuración das clases dirixentes.

Existiron outros movementos de resistencia alemáns?

Falouse moito do movemento de resistencia católica Rosa Branca dos irmáns Scholl. Lembro que este movemento de resistencia desenvolveuse nas mesmas condicións que o do Alto Estado Maio, é dicir, despois de dez anos de réxime de Hitler e en ambientes que non se resistiron ao nazismo. Houbo, por outro lado, unha incontestábel resistencia socialdemócrata, cuxo núcleo importante estaba no exilio. Mais ninguén pode negar, á luz dos traballos históricos, que en materia de resistencia activa contra o réxime, o SPD, o partido socialdemócrata da Alemaña, xogou un papel moi modesto. Outro tanto se pode dicir da igrexa protestante, que nunca cuestionou a conquista e ocupación alemán, e a destrución sistemática na fronte oriental de ducias de millóns de homes, mulleres e crianzas. Pola contra, o meu colega Ayçoberry, un excelente especialista na Alemaña, realizou un estudo da sociedade alemá de 1933 a 1945 (4) no que, con grande honestidade, admite que só houbo unha resistencia inmediata e activa contra o réxime de Hitler por parte do KPD, o Partido Comunista da Alemaña. Esta resistencia, respondida cunha represión atroz, foi moi activa tanto no Reich como no exilio, en particular nas Brigadas Internacionais. A parte desta, a resistencia activa foi case nula na Alemaña.

Como se desenvolverían os acontecementos no caso de que a operación Valquiria tivera éxito?

A resposta é complicada xa que o avance do Exército Roxo fixera moi complicada a solución dunha alianza entre os alemáns e os anglo-americanos. Tamén sería difícil de presentar á opinión pública a idea de que os portadores da civilización occidental, a saber, os americanos, os ingleses e os alemáns, ían unir forzas agora contra a Unión Soviética.

Cal era o inimigo máis perigoso para a alianza anglo-americana: os nazis ou os comunistas?

Despois da tentativa de Stauffenberg houbo aínda outras, todas cun mesmo obxectivo común: un cambio das frontes, xa que o inimigo esencial non eran os alemáns senón os soviéticos. O obxectivo era chegar a iso que se fixera despois de 1917, unha alianza de todas as grandes potencias contra Rusia. No aspecto ideolóxico, tratábase de combater aos malvados comunistas. Pero na realidade, a cuestión era moito máis profunda. De feito, en tanto que potencias imperialistas, os Estados Unidos e Alemaña tiñan posta a súa ollada nos recursos de Rusia, fose esta bolxevique ou non. O grande historiador William Appelman Williams demostrou que o apetito americano sobre as riquezas rusas era anterior a 1917. No tocante ao apetito alemán, é recoñecido notoriamente por todos os historiadores especialistas do século XX.

Xa que logo, tentaron poñer fin á experiencia bolxevique por medios das armas entre 1918 e 1920. A continuación, esta tentativa toma a forma de cordón sanitario. As potencias imperialistas, como Estados Unidos, Francia, Inglaterra e Alemaña, desexaban cercar a Unión Soviética cunha serie de Estados que impediran todo eventual contaxio. Tratábanse na maior parte dos casos de feroces ditaduras para a súa propia poboación, e impedir que estas fosen tentadas a imitar a experiencia soviética.

O verdadeiro inimigo era o comunismo, de xeito que a partir de xaneiro de 1945 comeza unha carreira de persecución na que participan, en complicidade, dúas partes, por unha parte, os americanos e ingleses, e pola outra, os alemáns. O historiador americano Gabriel Kolko explica no seu libro Politics of War (5) que desde esta data, e até a fin da guerra, non hai practicamente máis tropas alemás na fronte occidental. Só hai 27 divisións, da que 26 están encargadas de organizar a evacuación da Wehrmacht cara ao Occidente. Esta evacuación permitiu a moitos criminais de guerra fuxir do castigo. Namentres, na fronte oriental continuaban plenamente comprometidas no combate 260 divisións. Mentres os americanos entran como coitelo na manteiga nas zonas que ocupan, e que deben ser o máis extensas posíbel, os soviéticos teñen que enfrontarse aínda a unha ofensiva terríbel. Tanto é así que Praga, no Leste, cae o 9 de maio, polo tanto, despois da data oficial da capitulación.

Por que o papel da URSS é xeralmente minimizado nos manuais de Historia?

Era recoñecido en 1945 e hoxe o é por calquera historiador serio: foi a Unión Soviética quen gañou a guerra en termos militares. Mais saíu da guerra moi mancada. As súas perdas avalíanse hoxe no dobre do que se recoñecera en 1945. A URSS perdeu entre 27 e 30 millóns de persoas, o 60% das perdas totais da guerra. Namentres, a contribución militar dos Estados Unidos foi ridícula. Fálase agora de menos de 300.000 mortos no total das dúas frontes, a europea e a xaponesa. Por outra parte, foron baixas exclusivamente militares, mentres que máis da metade das perdas da Unión Soviética foron vítimas civís. As dúas últimas semanas do conflito que conduciron á captura de Berlín ilustran esta asimetría: a Unión Soviética perdeu durante eses poucos días máis homes que os Estados Unidos en toda a guerra nas frontes europea e xaponesa!

Porén, foron os Estados Unidos os que venceron nos ámbitos económico, financeiro e político. E o estado miserábel no que a URSS ficou após o conflito contribuiría ao seu colapso e, xa que logo, a vitoria total dos Estados Unidos. Despois da guerra, os acordos prevían que a Unión Soviética recuperara as súas fronteiras de 1941 e estabelecera unha area baixo a súa influencia no que antes era o “cordón sanitario”. Os americanos coidaron que poderían rexeitar esta area, dada a extrema debilidade dos seus interlocutores. Harriman, embaixador dos Estados Unidos na URSS entre 1943 e 1944, pensaba que a URSS se enfrontaba a tales dificultades de posguerra que lle comunicou a Roosevelt que os soviéticos probabelmente renunciarían a esa area de influencia se os Estados Unidos estaban dispostos a prestarlles un millón de dólares. Quero remarcar que as perdas da URSS inflixidas por Alemaña totalizaban 200.000 millóns! Finalmente, os Estados Unidos non puideron impedir o estabelecemento desa zona de influencia, aínda que se apresuraron a limitar a súa extensión e duración. Déixeme chamar a súa atención sobre un importante feito que a maioría das persoas ignoran porque se lles deixa ignorar: multiplicáronse nos últimos quince anos os estudos que nos din que o proxecto americano de “Rollback”, que consistía en empurrar a zona de influencia soviética cara ao Leste en beneficio da zona de influencia americana, non data das xestión de Eisenhower a partir de 1953. Era o proxecto da administración demócrata que desexaba tirar réditos do estado de debilidade no que ficara a Unión Soviética por mor da guerra. Esta derrubaríase finalmente en 1989, impoñéndose finalmente a concepción norteamericana da Historia. Unha concepción que non respecta en absoluto as realidades históricas, senón que simplemente ilustra a lei do máis forte. Esta é razón pola que hoxe nos atopamos nunha situación de ignorancia na xente moi superior á de 1945, cando ninguén dubidada da primordial contribución da URSS a vitoria dos aliados.

Non é esta a primeira vez que Hollywood interpreta a Historia á súa maneira. Cales son as motivacións deste enfoque?

Pola propia visión de Hollywood, que sempre ofrece a impresión de que as cousas xorden de socato. De súpeto, homes inzados dunha grande sentido moral, comezarían a interrogarse sobre as graves faltas de ética do réxime nazi. Once anos despois da toma do poder por Hitler! Esta é unha visión bastante caricaturesca que prevaleceu desgraciadamente na historiografía dominante. Despois de que os países socialistas se pasaron ao mercado, a zona de influencia americana medrou enormemente. Impúxose a idea de que os demócratas americanas liberaron Europa e era necesario dignificar un chisco a figura da Alemaña. Polo tanto, tentan asentar unha concepción segundo a cal a Wehrmacht non era tan mala, ao contrario que os nazis. O exército alemán non tería participado nos masacres, incluídos os da Fronte Oriental. Mais o certo é que hoxe sabemos, sobre a base de estudos serios entre os que se atopan traballos de moi bos historiadores alemáns, que a Wehrmacht participou nos masacres contra os eslavos e os xudeus. Era un auxiliar insubstituíbel das SS.

A realidade económica e política interfire na seriedade do estudo histórico, facendo triunfar unha visión tan fantasiosa como a que prevalece nas películas de Hollywood. Imaxine cal sería a concepción da Historia se Alemaña gañara a guerra! Hoxe temos unha concepción que resulta da vitoria por K.O. dos Estados Unidos, mais seguro que volveremos a unha visión popular máis achegada á realidade histórica cando as relacións de forza internacionais cambien. Pode estar seguro que unha das consecuencias da crise será o de achegarnos a unha visión máis realista da Historia e máis respectuosa cos logros da investigación histórica.


(1) Annie Lacroix-Riz, Industriels et banquiers français sous l’Occupation, Armand Collin, 1999 e Anni Lacroix-Riz, “Quand les Américains voulaiente gouverner la France” en Le Monde Diplomatique, maio de 2003.
(2) Charles Higham, Trading with the Enemy, an exposé of the Nazi-American Money Plot, 1933-1949, Nova York, Delacorte Press, 1983.
(3) Jacques Pauwels, Le mythe de la bonne guerre, EPO, 2005.
(4) Pierre Ayçobery, La société allemande sous le IIIe Reich, 1933-1945, Points, 1998.
(5) Gabriel Kolko, The Politics of War. The World and the Unites States Foreign Polocy, 1943-1945, Nova York, Random House, 1969.

*Annie Lacroix-Riz (1947) é unha historiadora francesa, profesora de Historia Contemporánea na Universidade París VII-Denis Diderot, coñecida polo seu compromiso co marxismo-leninismo. Entre os seus numerosos libros destacamos o último: De Munich a Vichy: L’assassinat de la Troisiéme République (1938-1940), París, Armand Colin, 2008.

Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com