A cidade rusa de Voronezh amañeceu hoxe con dez valados publicitarios iluminados nos que se representa a figura de Joseph Stalin. Conmemoran o 130 aniversario do nacemento do marxista-leninista xeorxiano co lema: «130º aniversario do líder de todos os tempos e todos os Pobos». Tamén se pode ler: «A Vitoria será nosa», en clara referencia ao comezo da invasión nazi á URSS e a posterior vitoria destes últimos, e o importante papel desempeñado por Stalin na mesma.
As autoridades burguesas da cidade, após saír do seu atordamento, informaron axiña de que os valados serán retirados, aducindo que incumpren a lei de publicidade local. É evidente que os parasitos que comandan os destinos da Rusia actual ven con preocupación o inconstestábel medre do apoio popular á figura de Stalin e á URSS que el lideraba. Semella que a súa campaña de falsificar a historia non funciona todo o ben que eles quixeran. |
Viva Stalin, o gran timoeiro!!