Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Ecuador: Contradicións no interior da tendencia democrática e de esquerda
14/06/2009
EN MARCHA
Órgano do C.C. do Partido Comunista Marxista Leninista do Educador


No curso das pasadas semanas, a confrontación entre a Unión Nacional de Educadores e o goberno, respecto da inconstitucional e punitiva avaliación ao profesorado, converteuse nun aspecto central da política ecuatoriana. Este choque, que desde o goberno e a grande prensa foi conducido tamén contra o Movemento Popular Democrático, provocou confusión en moitos ecuatorianos que non logran entender como o goberno, incluíndo ao propio presidente Rafael Corre, atacou con tanta forza a dúas organización que expresaron o seu apoio á xestión gobernamental.

Este comportamento podería cualificarse como inconsecuencia do Movemento PAIS e o goberno cun sector que deu claras mostras de compromiso co proxecto político que vive Ecuador. Aínda que máis que inconsecuencia, o que existen son diverxencias de orde política. Rafael Correa e o Movemento PAIS instauraron un goberno democrático e progresistas, e malia falaren de levar a cabo unha revolución á que cualifican como cidadá, o certo é que a súa xestión ten o límite das institucións capitalistas, que respectan e convocan a respectalas. Estamos fronte a un goberno que non supera o reformismo e a política asistencia, a través dos cales pretender atender algunhas necesidades materiais dos pobos, mais que de ningún xeito provocará unha verdadeira transformación nas estruturas da sociedade ecuatoriana.

O MPD, pola súa parte, como organización da esquerda revolucionaria, entende que é necesario a adopción de medidas radicais para mudar o país, criticou –por exemplo- a ambivalencia gobernamental ao falar en contra da banca e os empresarios, mentres concilia cos segundos cando se burla da aplicación do mandato que puxo fin á tercerización, ou cando lles garante altas utilidades aos primeiros ao elevar as taxas de interese ou o mantemento de máis de mil millóns de dólares do Estado en bancos privados. Condutas contraditorias co discurso están presentes en temas como a política petroleira, mineira ou a débeda externa, cualificada como ilegal e ilexítima mentres se continúa a pagar.

O que está a acontecer no noso país é a confrontación no interior da tendencia democrática, progresista e de esquerda entre posicións reformistas contra posicións de esquerda revolucionaria que mantén posturas críticas ás limitacións e erros da acción gobernamental. O reformismo quere pechar espazos á acción das forzas revolucionarias.

A esquerda revolucionaria entende como inevitábel a presenza destas contradicións e esfórzase en que os traballadores e o pobo comprendan a súa natureza e orixe. A súa solución non implica agochar os puntos diverxentes, senón, pola contra, redobrar esforzos para que o pobo entenda mellor a súa política na conxuntura e os seus obxectivos estratéxicos.

Malia que agora esta confrontación se mostra intensificada, non debe perderse de vista que a contradición fundamental na sociedade ecuatoriana é a que se manifesta entre explotadores e explotados, entre os pobos e as clases traballadores do Ecuador e o imperialismo, principalmente norteamericana. Isto é o primeiro albo da revolución ecuatoriana.

Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com