Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Faise imprescindible a convocatoria de Folga Xeral
16/06/2009


CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES
16/06/09


1.- Decisión patronal e política sobre a Folga.

A patronal e o goberno fai tempo, teñen decidido afociñar a loita polo noso convenio; os primeiros pola vía da fame e os segundos a través da violencia policial. O conclave patronal celebrado no IFEVI e as conclusións acadadas no mesmo convertéronse no guión desta Folga do Metal. O que está acontecendo en Vigo por moito que uns e outros traten de disimulalo, so ten precedentes no ano 1972, e a este paso se non o remediamos, acabará habendo na rúa tantos mercenarios como traballadores en loita.

Para a CUT a aposta da patronal e do goberno no so está en fixar o teito do incremento salarial, queren matar a calquera prezo a expresión máis avanzada da clase obreira galega. Polo tanto, non nos enganemos; enfrontámonos non so á conquista das melloras salariais que merecemos, ó mesmo nivel, está en xogo a nosa dignidade como traballadores con conciencia de clase.


2.-Xestión sindical da Folga e resposta obreira.

A pesar do labirinto sindical, van alá nove días de Folga, onde os compañeiros do Sector Naval teñen entregado o mellor do seu esforzo e da súa combatividade. A ampliación da Folga o pasado día 12 ás empresas con Convenio propio, sendo moi importante, demostrou que non foi suficiente. Os traballadores do Metal, temos a obriga e a responsabilidade estratéxica de ganar este conflicto, pero esta responsabilidade non é abstracta, todos os sindicatos, tamén a CUT deben de garantir a victoria desta Folga. Xa quedan atrás, demasiadas concesións á Patronal para chegar a ningures, (estamos no mes de xuño) sería delirante que alguén xustificara o peche en falso do conflicto co coñecido dito: “chegamos a onde puidemos”. Aínda que agora non toca facer unha análise detido, do proceso que nos levoa a esta situación, desde a CUT, dixémolo fai dous meses; había que blindar o conflicto contra o inimigo, o factor tempo e a inxenuidade, golpea ós traballadores folguistas e dalle alas á Patronal e os esquirois.


3.- Coordenadas do conflicto do Metal.

A estas alturas moitos traballadores saben, que o conflicto que enfrontamos transcende máis alá do sector do Metal de Pontevedra, porque é a expresión máis nítida da realidade laboral imperante en Galicia, porque, da mesma maneira, é a expresión máis descarada do sistema policial imperante, porque pon ó descuberto o cinismo dos vividores da política que xestionan os intereses empresariais. Algúns pretenden separar do plano laboral, os factores represivos e políticos, cando sabemos que todos eles forman parte do mesmo problema. ¿Acaso, os mercenarios disparan sen atender as órdenes de Delfín Fernández?, é que, ¿o impresentable de Fernández Alvariño non esixiu a resolución do Convenio, pola vía policial?

E se sumamos, a monstruosa campaña de propaganda desplegada desde os falsimedia: momento de Crises, o perigo de perder contratos no Naval, se Citroën vaise pensar o proxecto de Vigo, ademáis doutras bazofias como vándalos, “imagen de la ciudad” é evidente que o inimigo trata da maneira máis bastarda de isolar o conflicto, desprestixialo e en definitiva, poder afociñalo.


4.- A alternativa sindical de clase.

Diante desta conxuntura, imponse a intelixencia e a valentía obreira, a estas alturas non vale o tacticismo e a fragmentación da folga en ritmos e intensidades, aínda argumentándono que é para facerlle máis dano á Patronal, como en todo na vida, o tempo (os días, ou as horas) daranos ou sacaranos a razón.

O metal é a vangarda da loita obreira, non só na provincia de Pontevedra senón en toda Galicia; e por iso a patronal ten por obxectivo dobregarnos nesta loita, porque se consiguen afouciñar ao metal e resto dos sectores cairán coma fichas de dominó. O único xeito de gañar este conflito e poñer toda a carne no asador convocando unha folga xeral que implique a toda a clase traballadora, porque o que estamos a xogar é un conflito de clase. A CUT non ten posibilidade de convocar unha Folga Xeral unilateralmente, e por iso demanda ás grandes centrais sindicais que fagan uso da súa forza e leven o conflito a onde ten que ir, a rúa. Nunca antes houbo condicións máis obxectivas que estas para convocar unha folga xeral, e de non facelo terán que explicar o motivo. Dende a CUT poremos todo o noso esforzo en conseguir este obxectivo.

O enfoque sindical de clase dinos: cando o inimigo con todas as súas armas, incluída a da violencia policial trata de acurralar a vangarda dos traballadores, os demais sectores deben saír no seu auxilio e na súa solidariedade. Homes e mulleres, xóvenes, pensionistas, compañeiros imigrantes: somos unha mesma clase. Na actual dimensión do conflicto, nove días de Folga, estado de escepción en Vigo, posición da Patronal, o descaro fascistoide de Feijoo e do PP, a práctica de solución militar do PSOE de Delfín Fernández e Rubalcaba, so se pode vencer co chamado á FOLGA XERAL EN GALICIA.

COMPAÑEIROS: O CONFLICTO DO METAL DE PONTEVEDRA E A DERIVA IMPOSTA POLA PATRONAL E O GOBERNO CO ESTADO DE EXCEPCIÓN, SO PODE TER GARANTÍA DE TRIUNFAR, NA PERSPECTIVA DA FOLGA XERAL. Os capataces da Patronal dirannos que non; que non hai motivos, que non é o momento, que a “cidadanía” está en contra,.., en definitiva; xustificaranse na incapacidade e sobre todo na falta de vontade porque saben que a FOLGA XERAL custiona os cimentos da orde establecida e destapa a quen comulgan con ela.

En Pontevedra é o Metal, pero en Galicia unha mourea de Convenios esperan e avanzarán ou non, en función do remate do noso conflicto. En Galicia, tanto no plano laboral como de País están esperando por nos: Caramelo, Pascual, o Transporte, a Pesca, o Sector leiteiro.

É certo que hoxe non so se reivindica salario, lóitase pola dignidade, pero se non estamos á altura das circunstancias, alguén terá que espricar o incremento salarial final, despois dunha longa Folga. Por suposto, que non sexa co: “chegamos a onde puidemos”.

FOLGA XERAL NACIONAL, XA !!


Ler máis
4 Comments:
  • At 6/17/2009 06:38:00 da manhã, Anonymous Partisano said…

    A clase obreira temos que deixar clara constáncia da nosa forza, non só en Vigo, senón en toda Galiza. Cómpre deslocalizar o conflicto, e parece lóxico que a folga xeral é a mellor forma pra que se extendan as nosas demandas e podamos conquerir os nosos obxectivos.

    Adiante, pois, coa FOLGA XERAL!!
    A clase obreira unida xamáis será vencida!

     
  • At 6/17/2009 08:15:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Hai que ir alén dos obxectivos económicos. Transformar a folga "económica" en folga política, en folga revolucionaria. Mais para dar este paso é necesario a existencia do Partido Comunista Combatente Galego. Este é o deber de calquera comunista a día de hoxe, sumar o noso grao de area no camiño da edificación da ferramenta da clase proletaria.

    Non abonda co lema de: Outro sistema é posíbel. Hai que dicir cal é ese sistema: o Socialismo. A ferramenta para conseguilo: o Partido. A guía: o Marxismo-Leninismo.

    Por unha folga xeral de combate!

     
  • At 6/27/2009 01:06:00 da tarde, Anonymous Berto V.A. said…

    Totalmente dacordo.
    Gustoume iso do Partido Comunista Combatente Galego!!

    Estou ata o carallo diso de "Outro sistema é posibel", semella que hai medo a dicir cal é ese outro sistema... así nos vai...
    Eu só coñezo un sistema que poda oporse ao capitalismo, e vencelo, chamase SOCIALISMO.

    Os obreiros temos que organizarnos nun partido comunista que sexa realmente marxista-leninista, e non as pantomimas que hai hoxendía que só son buscadores de votos.

    Aproveito o momento para felicitar á xente que fai o blog estoutrasnotaspoliticas, pois realmente atopei nel cousas interesantísimas que nunca atopara traducidas ao galego. A seguir así!


    Por esa FOLGA XERAL DE COMBATE, logo!

     
  • At 7/06/2009 09:04:00 da tarde, Anonymous Eue said…

    Efectivamente, tedes razón, mais non se nos escape que ADIANTE e maila CUT veñen de celebrar non hai moito as primeiras Xornadas de Formación tituladas xustamente: AVANZANDO NA CONSTRUCIÓN DO SOCIALISMO!!!

    Apertas, camaradas!!!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com