Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Inglaterra: os escandalosos gastos dos deputados revelan a natureza parasitaria do parlamento burgués
13/06/2009
Xuño 2009

O tema candente de discusión nestes momentos é o actual escándalo dos gastos dos deputados, após a divulgación de ducias de casos de abusos no sistema de dietas por parte dalgúns membros destacados dos tres principais partidos parlamentares.

A principios deste ano, o Partido Laborista, temendo que os seus deputados foran capturados coas mans na caixa, tentou desesperadamente impulsar unha moción coa que impedir a divulgación dos gastos dos parlamentarios. Porén, malia a agresiva campaña, a moción foi rexeitada, xa que os partidos da oposición sucumbiron ante a presión da cidadanía (pensando, sen dúbida, nas vindeiras eleccións xerais).

Os sórdidos detallas dos gastos dos deputados non foron revelados a través dunha Freedom of Information Act, senón que os destapou o Daily Telegraph, que conseguira unha copia completa do rexistro dos gastos a través doutra fonte. O goberno viuse pronto soterrado baixo «unha incesante sucesión de titulares nas portadas dos xornais proclamando que os representantes elixidos son unha morea de ladróns e vagabundos», xa que se daba a coñecer que co diñeiro dos contribuíntes se financiaron casas novas, móbeis, traballadores a domicilio, bos postos de traballos para familiares dos deputados e, quizais o máis notorio, xogos sexuais. (Financial Times, 21 de maio de 2009).

A repercusión política non ten precedentes: unha serie de dimisión de deputados avergoñados, tristes desculpas de Gordon Brown e David Cameron, a renuncia do Voceiro da Casa dos Comúns, cargos por evasión fiscal para algúns deputados, e un renovado e profundo resentimento público cara aos principais partidos parlamentares.

Non é unha novidade para nós (e, imaxinamos, para a maioría da xente) os enganos nos gastos dos deputados, e, quizais, nunha circunstancias máis normais este episodio tería menos publicidade. Porén, cando a clase capitalista (co total apoio do goberno) está tentando contrarrestar a crise económica con centos de miles de despedimentos e co desmantelamento do sistema de prestacións sociais, non é demasiado sorprendente que o pobo amose inquietude polo uso das súas contribucións para financiar os custosos hábitos dos deputados.

O presidente do Sinn Féin, Gerry Adams, aproveitou a oportunidade para sinalar que o seu partido publica voluntariamente, desde hai moitos anos, as súas contas anuais completas, e que o soldo dun deputado do Sinn Féin, ou de calquera liberado do partido, é «exactamente o mesmo que a media do salario dun obreiro industrial, que é de 356 libras netas semanais». (ardfheis.com)

O contraste entre os deputados do Sinn Féin e os do resto dos partidos serve para destacar o parasitismo do moderno estado burgués. Os representantes do Sinn Féin traballan apaixonada e desinteresadamente por un futuro mellor; os deputados laboristas, conservadores e liberais fan o traballo sucio da burguesía imperialista e esperan ser recompensados magnificamente por iso.

O parlamento burgués é unha institución corrupta, parasita, cuxo único obxectivo é manter a relación de explotación entre o traballo e o capital, e entre o imperialismo e o terceiro mundo. «Decidir unha vez cada uns cantos anos que membros da clase dominante van reprimir e esmagar ao pobo no parlamento, esta é a verdadeira esencia do parlamentarismo burgués.» (Lenin, O Estado e a Revolución, 1917)

Certamente, no socialismo, todos os representantes estatais recibirán «salarios que non superen o salario dun obreiro, todos baixo o control e a dirección do proletariado armado... Isto é o que traerá consigo a abolición do parlamentarismo. Isto é o que fará que as clases traballadores elimine a prostitución burguesa destas institucións.» (Id.)

Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com