Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O estraño caso do embaixador británico en Pyongyang
28/06/2009
Juan Nogueira López


O pasado mes de marzo, Corea do Norte celebrou eleccións á Asemblea Popular Suprema (Parlamento). Felizmente, Occidente non foi quen de fabricar unha “revolución de color” en Corea, a diferenza do acontecido en países como Ucraína ou Xeorxia e, máis recentemente, en Irán. Por iso, o ataque estivo limitado a unha breve campaña de desprestixio nos medios. Os obxectivos eran dous: elucubrar posíbeis “sucesores” a Kim Jong-il entre os candidatos e adxectivar o proceso como antidemocrático.

O primeiro dos obxectivos fracasou. Occidente apostaba por que algún dos tres fillos de Kim Jong-il resultase electo á Asemblea Popular Suprema. Mais todo resultou ser fume: ningún deles era candidato.

O segundo obxectivo –amosar a Corea como unha ditadura- logrouse en boa medida. Mais esta era unha vitoria doada, xa que o público occidental leva 60 anos consumindo propaganda anti norcoreana. E, porén, abríronse algunhas fendas dolorosas dentro do consenso maioritario. O autor destas fendas foi, nada menos que, o embaixador británico en Pyongyang: Peter Hughes.

Hughes é, ademais de diplomático, experto en asuntos asiáticos. Toda a súa experiencia, sen embargo, non lle valeu para evitar cometer un erro de principiante: a súa función –como representante dun goberno burgués- non é dicir a verdade. E, porén, así o fixo; Hughes describiu a situación norcoreana tal é como el a vive.

Hughes narrou a xornada electoral como un día no que «se respira un ambiente festivo en todas as rúas.» Engade tamén que «moita xente camiña cara ou desde os colexios electorais e despois marcha aos parques a facer merendas ou –simplemente- dar un paseo. A meirande parte das mulleres levan posto o tradicional vestido colorido hanguk e os homes levan os seus mellores traxes. Fora dos colexios electorais hai bandas de música tocando e xente bailando e cantando, conseguindo ademais entreter ás fileiras de votantes que agardan pacientemente para elixir aos representantes do lexislativo unicameral do país. Teñen unha grande popularidade os postos de refrescos e merendas, todo o mundo semella estar gozando do día. A lista de candidatos electos publicarase na segunda feira.»

Após a xornada electoral, Hughes di que «a cidade volveu á normalidade e a xente volve aos seus asuntos sen grandes cambios. Porén, o tempo soleado e as temperaturas máis cálidas están animando os parques e facendo que os prados se volvan verdes despois do longo inverno. Durante as tardes, grandes columnas de escolares marchan polas rúas con uniformes azuis e panos escarlata, levando consigo bandeiras vermellas e pancartas para animar á xente. [...] Os rapaces cantan cancións e berran slogans, mentres marcha alegres da man ou, ás veces, de forma solemne.»

O artigo remata dicindo que «se levou a cabo un plan para preparar pequenas hortas nas terras que arrodean aos bloques de edificios, para así aumentar a colleita de infusións e vexetais de primavera. A semana pasada, o goberno anunciou un plan nacional de reforestación, baixo o cal se pretende plantar millóns de novas árbores en todo o país. A poboación de Pyongyang parece tomarse o programa moi en serio, xa que por cada seis metros de beirarrúa hai unha árbores, así como entro os apartamentos dos barrios da capital. Pódese ver xente todas as tardes coidando as novas árbores, que a intervalos se achegan ás novas mesas que apareceron nas rúas, para a venda de tabaco e doces.»

Como se ve, aínda que o artigo reflicte unha cotianidade alegre e optimista, non estamos ante un relato apoloxético que confronte co capitalismo. Hughes non menciona o sistema electoral nin desmitifica moitos aspectos que poderían ser interesantes para tratar este asunto. Porén, o seu escrito custoulle unha fulminante reprobación xeral da prensa británica.

O Telegraph chama a Hughes «apoloxista dun réxime represivo» por «escribir sobre a vida en Pyongyang sen incluír críticas ao país». Con isto, o Telegraph di explicitamente o que xa sabíamos: só se pode falan sobre un país socialista se é para criticalo.

De feito, o xornalista Colin Freeman comenta máis adiante que «calquera que agardase –por mor do estatus privilexiado do embaixador- relatos sobre a vida persoal de Kim Jong-il, rumores ou información de até cando vai durar o réxime, ficaría moi decepcionado polo que escribe o embaixador». O xornalista ven dicir que “se Hughes narra os feitos... e estes contradín os nosos intereses... tanto peor para os feito! No Occidente queremos rumores sobre Kim Jon-il, que se cre este tipo dicíndonos que en Corea a xente se mobiliza, traballa, come, canta, baila, pasea e vota?”

O xornalista non só “protesta” por publicar unha nova sen máis motivo que amosar a realidade coreana do día a día. Tamén se laia de que non se empreguen os convencionalismos cos que “deben” tratar as informacións sobre un país socialista. Por exemplo, Colim Freeman di que o embaixador menciona o grande apoio recibido polos partidos socialistas, pero «ten o fallo notábel de non mencionar que a verdadeira oposición ao dirixente Kim Jong-il é duramente perseguida.» Noutras verbas: non importa que o embaixador vivo en Corea e fale dunha realidade que coñece; hai que criticar o sistema coreano, tanto se hai probas das acusacións como se non.

A fulminante avalancha de críticas provocou que o embaixador Hughes rectifique. Primeiro dixo que o propósito fora lembrar ao mundo que os norcoreanos non son diferentes a ningún outro ser humano.

Porén, as presións continuaron até que Hughes se viu obrigado a declarar que «Corea ten un historial de dereitos humanos brutal, unhas políticas agrarias fanadas e un preocupante programa nuclear». Sen embargo, tamén engadiu que «non pretendera facer un comentario político, senón que coidou ver unha oportunidade para amosar que Pyongyang non é un lugar escuro e malvado poboado por demos, senón unha cidade habitada por seres humanos que se esforzan por aproveitar ao máximo a vida, malia as dificultades diarias.» Presións ou baixada de pantalóns?

En calquera caso, quedo coa última reflexións que aporta o xornalistas inglés:

«Este caso ilustrou os ricos dos recentes esforzos do Ministerio de Asuntos Exteriores, animando aos diplomáticos a facer máis accesíbeis ao público os países nos que viven. O formato blog, xeralmente entendido como un foro no que contar doto de forma espontánea, sen restricións, semella pouco acaído para as funcións dun diplomático, para quen incluso unha verba mal escollida podo supoñer problemas maiores co seu país de acollida.»

O certo é que este caso é proba de todo o contrario. O país de acollida –Corea- non ten ningún problema co que os diplomáticos conten o que realmente sucede no país. Ao contrario, para Corea isto supón unha oportunidade de rachar co bloqueo mediático. Para o mundo Occidental si supón un problema –porén- que após 60 anos de guerra fría na península, sexa incapaz de manter un status quo anacrónico e maniqueo. Este caso só é un exemplo máis de que no mundo de hoxe, como no de onte, os “medios de produción espirituais” seguen a estar nas mans da clase dominante. E os tabús e a corrección política son só formas modernas de censura.

Ler máis
1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com