Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Onda represiva en Italia: Comunistas revolucionarios sentenciados. E máis detencións
15/06/2009

O 13 de xuño ditaminouse a sentencia de primeiro grao no tribunal de Milán (Italia) contra os 18 comunistas revolucionarios acusados de «tentar constituír o Partido Comunista Político-Militar». Grandes son as súas condenas polo que chamamos “teorema inquisitoriale”, é dicir, unha hipótese de asociación ilícita terrorista que existe unicamente na cabeza dos fiscais, ao estilo do coñecidísimo xuízo Marini contra os anarquistas italianos. Ademais das condenas, os compañeiros terán que pagar unha multa de 100.000 euros a un profesor de dereito do traballo e actual senador do PD (Partido Democrático) e 1.000.000 de euros ao goberno italiano. Os avogados declararon que ditas condenas son típicas dos tribunais especiais fascistas dos anos 20 e 30 do pasado século. Houbo momentos de enorme tensión na sala cando se entoou a Internacional e se berraron consignas como: “Contra a crise do imperialismo, guerra de clases cara ao comunismo”, “Contra o fascismo e a represión: revolución”.

As condenas foron de 15 anos para Davide Bortolato e Claudio Latino. De 14 anos para Vicenzo Sisi. De 11 anos e medios para Alfredo Davanzo e Bruno Ghirardi. De 11 anos para Massimiliano Toschi. De 8 anos e 3 meses para Massimiliano Gaeta. De 7 anos para Salvaotre Scivoli. De 3 anos e 8 meses para Andrea Scantamburlo e de 3 anos e 6 meses para Amarilli Caprio, Alfredo Mazzamauro, Federico Salotto e Davide Rotondi. Tres acusados foron absoltos e outro condenado a pena menor.

Namentres, o pasado 11 de xullo, houbo 20 rexistros e arrestos, neles 5 comunistas revolucionarios foron presos. Todo isto durante a última onda represiva en cando menos 8 localidades italianas. Foron acusados de intento de atentados durante o G8 que se celebrará en xullo e militancia no PC-PM. Entre os detidos, está o histórico membro da primeira xeración da Brigadas Roxas, Luigi Fallico. O resto de encarcerados son Bruno Bellomonte, Beniamino Vincenzi, Gringranco Zoja e Riccardo Porcile. Tamén foron arrestados Ernesto Morlacchi, fillo dun dos fundadores desta organización armada comunista e Kamo Capossi, obreiro e sindicalista milanés.

Queremos expresar toda a nosa solidariedade a estes comunistas represaliados pola desatada represión italiana.

Ler máis
1 Comments:
  • At 6/16/2009 08:59:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Anton

    O galego Marcos Regüeira foi posto en liberdade hoxe. Un saúdo comunista para el e a súa familia.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com