O 13 de xuño ditaminouse a sentencia de primeiro grao no tribunal de Milán (Italia) contra os 18 comunistas revolucionarios acusados de «tentar constituír o Partido Comunista Político-Militar». Grandes son as súas condenas polo que chamamos “teorema inquisitoriale”, é dicir, unha hipótese de asociación ilícita terrorista que existe unicamente na cabeza dos fiscais, ao estilo do coñecidísimo xuízo Marini contra os anarquistas italianos. Ademais das condenas, os compañeiros terán que pagar unha multa de 100.000 euros a un profesor de dereito do traballo e actual senador do PD (Partido Democrático) e 1.000.000 de euros ao goberno italiano. Os avogados declararon que ditas condenas son típicas dos tribunais especiais fascistas dos anos 20 e 30 do pasado século. Houbo momentos de enorme tensión na sala cando se entoou a Internacional e se berraron consignas como: “Contra a crise do imperialismo, guerra de clases cara ao comunismo”, “Contra o fascismo e a represión: revolución”. As condenas foron de 15 anos para Davide Bortolato e Claudio Latino. De 14 anos para Vicenzo Sisi. De 11 anos e medios para Alfredo Davanzo e Bruno Ghirardi. De 11 anos para Massimiliano Toschi. De 8 anos e 3 meses para Massimiliano Gaeta. De 7 anos para Salvaotre Scivoli. De 3 anos e 8 meses para Andrea Scantamburlo e de 3 anos e 6 meses para Amarilli Caprio, Alfredo Mazzamauro, Federico Salotto e Davide Rotondi. Tres acusados foron absoltos e outro condenado a pena menor.
Namentres, o pasado 11 de xullo, houbo 20 rexistros e arrestos, neles 5 comunistas revolucionarios foron presos. Todo isto durante a última onda represiva en cando menos 8 localidades italianas. Foron acusados de intento de atentados durante o G8 que se celebrará en xullo e militancia no PC-PM. Entre os detidos, está o histórico membro da primeira xeración da Brigadas Roxas, Luigi Fallico. O resto de encarcerados son Bruno Bellomonte, Beniamino Vincenzi, Gringranco Zoja e Riccardo Porcile. Tamén foron arrestados Ernesto Morlacchi, fillo dun dos fundadores desta organización armada comunista e Kamo Capossi, obreiro e sindicalista milanés.
Queremos expresar toda a nosa solidariedade a estes comunistas represaliados pola desatada represión italiana. Ler máis |
Anton
O galego Marcos Regüeira foi posto en liberdade hoxe. Un saúdo comunista para el e a súa familia.