Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Policía e obreiros do metal enfróntanse nas rúas do centro de Vigo
03/06/2009
Vieiros
03/06/09


Efectivos antidisturbios da Policía española cargaron contra grupos de traballadores do metal que secundan a folga do sector. Os incidentes producíronse cando os folguistas estaban concentrados na Praza América de Vigo logo dunha asemblea que se tiña producido na Praza do Rei.

Segundo informa Europa Press, pouco despois das 13 horas deste mércores, unha ducia de furgóns policiais chegaron a toda velocidade á zona, onde non estaba a haber incidentes. Logo duns momentos de tensión, os axentes cargaron duramente con pelotas de goma. Os traballadores queimaron un bus urbano que empregaron como barricada. Posteriormente, atrinchieráronse en Barreras, onde permanecen rodeados pola policía.


Os traballadores do metal comezarán unha folga indefinida se a patronal non acepta as súas propostas

Os traballadores do sector do Metal de Vigo, que manteñen esta cuarta feira a súa quinta xornada de folga non consecutiva, cortaron as principais rúas da cidade olívica como protesta e ante a negativa da patronal a aceptar as peticións dos sindicatos na mesa de conversas sobre a renovación do convenio provincial.

Dende primeiras horas da mañá, os operarios saíron dos estaleiros da ría viguesa -da zona de Teis, o de Vulcano e Metalships; e da de Beiramar, de Barreras-, cortando o tráfico por onde pasaban, no seu camiño cara a Praza do Rei. Alí, por volta das 11h30 comezou unha asemblea xeral na que falaron representantes dos tres sindicatos -CIG, CCOO e UXT-, e onde se acordou facer outros tres paros a vindeira semana. A partir de aí, e se os empresarios non escoitan as reivindicacións dos traballadores do sector, a folga converteríase en indefinida.

Nesta liña se expresaron na asemblea os sindicalistas, que sinalaron que, se a patronal non acepta as súas propostas en canto á mudanza do convenio provincial -un ano de durabilidade e sen falar da conxelación salarial que propoñen os empresarios-, están dispostos a manter as protestas no tempo "o que faga falta".

Posicións afastadas, negociacións rotas

A pasada semana, a Xunta decidía suspender "de xeito temporal" a mediación que comezara entre sindicatos e patronal do Metal, segundo argumentara naquela altura o xefe da Inspección de Traballo na provincia de Pontevedra, Xosé María Casas de Ron, porque as posturas estaban moi distanciadas, "máis non rotas". Naquela altura, os sindicatos decidiran continuar coas mobilizacións, ao considerar que a patronal non estaba, como eles mesmos dixeran, "no límite do que poden ofrecer" para os traballadores.

Daquela, o responsábel da CIG-Metal, Miguel Anxo Malvido, insistía na existencia de "mecanismos que recoñece o propio convenio para acordar o incremento salarial que solicitamos; non é certo que os empresarios estean ao límite das súas posibilidades; non podemos aceptar que sexamos os traballadores quen teñamos que pagar a crise", sinalaba.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com