MOCIÓN DE SOLIDARIEDADE CON CUBA
Os partidos reunidos no 18º Seminario Comunista Internacional en Bruxelas, transmitimos a nosa solidariedade co pobo de Cuba e saudamos o 50 Aniversario da súa Revolución.
Malia todos os intentos imperialistas por destruír, condenar e illar á Revolución Cubana, esta continúa o seu desenvolvemento e fortalecemento, ratificándose como unha alternativa xusta, equitativa e sostíbel.
Recoñecemos a contribución de Cuba aos procesos de integración que se están a consolidar en América Latina. Apoiamos a loita dos pobos latinoamericanos pola edificación de sociedades democráticas, antiimperialistas e con aspiracións socialistas, que avanza a pesar das conspiracións deseñadas polos Estados Unidos e a ofensiva contrarrevolucionaria.
Esiximos o levantamento do bloqueo económico, comercial e financeiro que por máis de 48 anos impuxeron a Cuba os sucesivos gobernos estadounidenses e que representan perdas por máis de 93 mil millóns de dólares. O bloqueo é a principal eiva para o desenvolvemento económico e social do pobo cubano. O bloqueo debe ser levantado sen máis dilacións nin condicionamentos, e sen que para iso Cuba teña que facer xesto ou dar sinal algún.
Esiximos a liberación inmediata dos Cinco Heroes cubanos presos desde hai máis de 10 anos nos Estados Unidos por loitar contra o terrorismo, e quen foron vítimas do odios, a arbitrariedade e a inxustiza do imperio.
Apoiamos a continuidade do diálogo político entre Cuba e a Unión Europea como un importante paso cara á normalización plena das relacións. Esiximos que sexa eliminada a posición comúns polo seu carácter unilateral e de inxerencia, reflectindo unha visión cargada de prexuízo e manipulada da sociedade cubana. Esta política debe ser substituída por un marco de relacións beneficioso para as dúas partes.
Esiximos que se respecte o dereito de Cuba á autodeterminación e a construír sen inxerencias externas o sistema político, económico e social que referendou o seu pobo, o que constitúe un incuestionábel atributo de soberanía. Viva a solidariedade internacional! Viva o socialismo! Ler máis |
Liberdade para os 5!
Viva Cuba Socialista!