ADIANTE ven de solidarizarse coa marcha realizada a pé na última semana de xuño polos compañeiros e compañeiras do metal galego, que chegou a Compostela o día 30, 23ª xornada de folga sectorial, agrupando a centos de traballadores do sector (cifrados pola imprensa en 2500).
A nosa organización saudou a súa chegada despregando ao longo do percorrido varias faixas baixo a lenda
CAMIÑANDO CO METAL CARA A FOLGA XERAL, nunha iniciativa conxunta coa
Frente Popular Galega , coa que coincidimos na urxencia da convocatoria dunha
Folga Xeral Nacional.
Hoxe só a
Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) mantén unha posición firme ao redor da necesidade da convocatoria nacional. Ao noso ver, a
clase obreira galega, que está a pagar inxustamente unha crise sistémica, debe dotarse das ferramentas de loita precisas para a defensa dos seus intereses.
Queda moito camiño por diante, mais non é xa o intre de lle poñer panos quentes ao capitalismo depredador que está a abafar á clase obreira do mundo.
Comeza un duro traballo en chave de País, en chave de clase.ADIANTE ven de solidarizarse coa marcha realizada a pé na última semana de xuño polos compañeiros e compañeiras do metal galego, que chegou a Compostela o día 30, 23ª xornada de folga sectorial, agrupando a centos de traballadores do sector (cifrados pola imprensa en 2500).
A nosa organización saudou a súa chegada despregando ao longo do percorrido varias faixas baixo a lenda CAMIÑANDO CO METAL CARA A FOLGA XERAL, nunha iniciativa conxunta coa Frente Popular Galega , coa que coincidimos na urxencia da convocatoria dunha Folga Xeral Nacional.
Hoxe só a Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) mantén unha posición firme ao redor da necesidade da convocatoria nacional. Ao noso ver, a clase obreira galega, que está a pagar inxustamente unha crise sistémica, debe dotarse das ferramentas de loita precisas para a defensa dos seus intereses.
Queda moito camiño por diante, mais non é xa o intre de lle poñer panos quentes ao capitalismo depredador que está a abafar á clase obreira do mundo.
Comeza un duro traballo en chave de País, en chave de clase.
E parece que xa acabou a folga do metal... deume noxo ler os comentarios da prensa burguesa esta fin de semana... e os sindicatos maioritarios estarán ben contentiños tamén... hai que ver... mágoa que a CIG non tivera agallas para convocar unha folga xeral sen contar cos sindicatos españolistas... polo menos a CUT tamén a tería apoiado.
Segundo din ainda pode haber algunha mobilización para esta semana, a ver que pasa!