Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

ADIANTE: Pola Amnistía Total!
14/07/2009

Organización da mocidade comunista e independentista de Galiza

Os mecanismos xuridico-políticos da represión do Estado Imperialista Español na Galiza non han de ter nunca a lexitimidade de quen no noso pobo, que mantén un status colonial, se compromete nunha loita pola súa emancipación nacional, cuestión que implica a denuncia de todos os resortes de dominio que a metrópole desprega.

Desta maneira de ollar, e á marxe da consideración política efectivamente negativa que nos merecen determinadas formas de acción política, á luz do contexto socio-político concreto, ADIANTE solidarízase co conxunto dos presos e presas políticas galegas.

Deste xeito, recoñecémonos no fío histórico que nos une ao legado das organizacións comunistas e independentistas galegas que pularon en cadanseu momento, ao igual que nós pulamos hoxe, pola AMNISTÍA TOTAL, é dicir, pola inmediata posta en liberdade das persoas recluídas por teren despregado unha actuación incómoda e agresiva para o sistema, aínda que nos máis diversos parámetros de loita que conformaron e conforman a realidade galega.

Non recoñecemos, como viñemos a dicir máis arriba, a lexitimidade dos instrumentos represivos do Estado, sexan estes policiais, políticos ou xudiciais. Por isto, calquera tipo de reclusión, sanción, recurte de liberdades, etcétera, atrae a nosa firme repulsa. Non recoñecemos tampouco a lexitimidade do ordenamento xurídico do EIE, inspirada na defensa dos intereses da clase dominante (propiedade privada, espolio, libre mercado…).

Brindamos nesta ocasión, e no contexto desta crise económica, a nosa solidariedade ao conxunto de compañeiras e compañeiros reprimidos, sancionados ou perseguidos pola súa actividade sindical.

Dende ADIANTE esiximos:

- A resposta férrea contra a impunidade que están a desfrutar os/as torturadores/as nas prisións españolas, onde a práctica sistemática da tortura nas súas diferentes manifestacións é despregada polos corpos militares, policiais e demais corpos con funcións de policía (carceleiros/as, psiquiatras, médicos/as de prisións, traballadores/as sociais…).

- O recoñecemento do status de preso/a político/a a todos/as aqueles/as que permanecen en prisión por mor da actividade represiva do estado contra todo tipo de acción política.

- O achegamento a Galiza de todas as presas e presos galegos, sexan políticos, sexan sociais, xa que a prática da dispersión é ilegal mesmo á luz do tan loado polos “demócratas” Dereito Internacional.

- O recoñecemento ao conxunto do colectivo en reclusión dos seus dereitos fundamentais, esencialmente ao traballo (abofé, non sumiso), á atención sanitaria digna, ao desfrute dos seus permisos sen cortapisas e ás prestacións correspondentes sen que a Administración Penitenciaria siga a practicar o latrocionio que leva anos realizando.

- A paralisación dos diferentes procesos políticos abertos en vía civil, penal e administrativa contra compañeiras e compañeiros (con especial actualidade os procesos abertos contra os folguistas do metal).

Por todo isto, o Comité Nacional de ADIANTE chama á súa militancia e ao conxunto da mocidade revolucionaria galega á participación na Cadea Humana Pola Liberdade que Ceivar convoca para o próximo 24 de xullo, ás 19:30 horas, na compostelana Praza Galiza, para denunciarmos a actuación represiva do Estado Imperialista Español e para esixirmos a AMNISTÍA TOTAL para o conxunto dos/as presos/as que permanecen nos Centros Penitenciarios españois por motivos políticos.


Viva Galiza Ceibe!

Viva o Día da Patria Galega!


Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com