Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

AMI e ADIANTE perante o Día da Patria Galega
23/07/2009

Manifesto conxunto das organizacións da mocidade independentista

Celébrase un novo día da Patria no que a mocidade ten moito que dicir. En pleno século XXI a situación colonial da nosa Nación é unha realidade que abafa ao conxunto do pobo e especialmente á mocidade: o desartellamento dos nosos sectores produtivos, a imposición dun modelo cultural; e como tal lingüístico, esóxeno, a destrucción sistemática do noso medio natural aos ritmos dos intereses da metrópole, a imposición de patróns sociopolíticos alleos á nosa realidade nacional veñen a dinamitar as posibilidades de que a mocidade deste País se desenvolva e exprese politica, cultural e socialmente sen ataduras.

Recoñecemos especialmente a loita despregada polo metal das comarcas de Vigo, O Morrazo e Pontevedra pola superación do marco actual de recorte de dereitos laborais e de agudizamento da precariedade; a loita do sector agrogandeiro contra a aplicación das políticas neoliberais que debilitan os nosos tecidos económicos e condenan á fame aos nosos produtores e produtoras, e tamén a resistencia do pobo de cangas na defensa do noso patrimonio cultural e natural, na súa batalla cotiá por evitar a construción dun porto deportivo na superficie do Salgueirón. Vaia por diante a nosa solidariedade con todas as persoas represaliadas no conxunto do País.

Nesta data reivindicativa a mocidade independentista unimos a nosa voz co fin de por de manifesto as nosas esixencias e propostas políticas:

1 – Instamos á acumulación de forzas políticas, sociais e sindicais para a convocatoria urxente dunha Folga Xeral Nacional, orientada á ruptura co actual sistema de depredación e barbarie. Chamamos a esta medida de loita unitaria contra as agresións do capital en forma de Expedientes de Regulación de Emprego, despedimentos libres, contratos-lixo ou precarización das condicións laborais.

2 – Comprometémonos coas emerxentes expresión de poder popular, como xermolo da futura sociedade socialista galega.

3 – Apoiamos aos nosos produtores e produtoras na defensa dos nosos tecidos produtivos propios, comprometémonos coa loita agrogandeira, poñendonos como obxectivo a consecución da soberanía alimentar.

4 – Cómpre asentar as bases dun programa de loita unitaria contra a destrución do noso medio natural, que o novo executivo sucursal promete agudizar: falamos de Massó, Touriñán, as Rías, etcétera.

5 – Esiximos o fin da práctica ilegal da dispersión e da tortura practicada sobre os presos políticos polo Estado Español, o seu achegamento á nación galega e a súa inmediata posta en liberdade. Denunciamos a aplicación de medidas de excepción como é a prisión preventiva.

6 – Apostamos polo monolingüísmo social como superación das agresións ao idioma que se veñen dando dende o cerne de diferentes asociacións filofascistas e do goberniño galego. Apostamos ao tempo polo pleno desenvolvemento cultural da nosa nación, sen inferencias alleas.

8 - As mozas galegas apostamos tamén pola autoorganización desde a base no movimento feminista galego para conseguir rematar coa situación de precariedade e marxinación que sofrimos, tanto na sociedade cuanto nas organizacións das que facemos parte. A nosa aportación non pode ser silenciada nen minimizada nas organizacións revolucionárias que construimos en común. Por iso o noso traballo será duplo: na sociedade e na nosa cotidianiedade combatimos o machismo!

7 – Apostamos pola plena soberanía nacional de Galiza, coa súa máxima expresión na nosa Independencia e a construción da República Socialista Galega.

Dende ADIANTE e AMI entendemos a necesidade do traballo conxunto desde a base da mocidade organizada nestes momentos de especial dificultade. Como primeiro paso, facemos un chamamento unitario ao conxunto da mocidade galega a asistir á manifestación convocada por CAUSA GALIZA, que sairá este 25 de xullo ás 13:00 horas da Alameda compostelán baixo a lenda de “Contra a crise do capital, soberanía nacional”.

Viva Galiza Ceibe e Socialista.

Na Terra a 17 de xullo do 2009.

ADIANTE e AMI


Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com