|
Declaración dos deputados comunista membros da OSCE
|
05/07/2009 |
Condenamos rotundamente a resolución Reunificación da Europa Dividida, aprobada pola Comité Xeral para a Democracia, os Dereitos Humanos e os Asuntos Humanitarios da Asemblea Parlamentar da OSCE na que, co pretexto de combater o totalitarismo, equipárase o comunismo co nazismo. Non só é un groseiro intento de reescribir a historia, negando a fundamental contribución da Unión Soviética na derrota do nazismo. Representa tamén un esforzo para proporcionar lexitimación política a todo tipo de persecucións políticas contra a ideoloxía comunista, os militantes comunistas e os partidos comunistas, os cales poderían ser acusados de ser “estruturas que funcionan embelecendo o pasado, tentando retornar a el ou querendo estendelo no futuro” e, consecuentemente, terían que ser desmantelados de conformidade co parágrafo 14 da resolución. Tamén queremos subliñar que esta resolución é contraditoria cos principios expostos na resolución sobre a liberdade de opinión e expresión, aprobada polo Comité Xeral de Asuntos Políticos e Seguridade da nosa Asemblea.
Condenamos rotundamente, ademais, a caza de bruxas contra os comunistas e os partidos comunistas: a prohibición dos símbolos comunistas, dos partidos comunistas, da ideoloxía comunista, a persecución dos comunistas, que se practica en varios países representados na OSCE, incluído o país que este ano acolle a Asemblea Parlamentar da OSCE. Isto constitúe unha grave violacións dos dereitos democráticos, en particular do dereito de expresión e actividade política. Estas accións danse, a miúdos, conxuntamente coa exaltación a colaboradores nazis que poden chegar até a construción de monumentos ás SS.
Finalmente, declaramos a nosa solidariedade cos nosos camaradas perseguidos e declaramos que estas accións nin nos asustan nin van reducir o noso traballo.
Costas Alissandrakis, Partido Comunista de Grecia Michel Billout, Partido Comunista Francés Skevi Koukouma-Koutra, Partido Progresista do Pobo Traballador (AKEL) Vaclav Exner, Partido Comunista de Bohemia e Moravia Alessandro Rossi, Partido Comunista de San Marino Ler máis |
|
|
1 Comments: |
-
Stalin foi justo e engrandeceu a Russia e os povos sovieticos. Stalin levou bem alto a força do movimento comunista. Stalin é o renascer de algo que nunca acabou. Os inimigos do povo teme Stalin... Stalin vive.
|
|
<< Início |
|
|
|
|
|
Stalin foi justo e engrandeceu a Russia e os povos sovieticos. Stalin levou bem alto a força do movimento comunista. Stalin é o renascer de algo que nunca acabou. Os inimigos do povo teme Stalin... Stalin vive.