|
Dimitrov (2): A lendaria vida de Dimitrov
|
12/07/2009 |
Unità, 3 de xullo de 1949 A sesenta anos da súa morte Transcrición do Centro di Cultura e Documentazione PopolareUnha infancia difícil – A loita política na mocidade e na madurez – De acusado a acusador en Leipzig – Á cabeza da Internacional Comunista – A batalla pola democracia popularO compañeiro Georgi Dimitrov, nado o 18 de xuño de 1882, na vila de Kovatchevizi, distrito de Radomir, aínda novo tivo que coñecer as privacións da dura vida do obreiro e do revolucionario. A triste sorte de Bulgaria e dos traballadores non esquivou á súa familia. Con doce anos, o peso de toda a súa familia caeu sobre as costas do rapaz Dimitrov, que se viu obrigado a abandonar a escola para gañarse a vida para el e para a súa familia. Así comezou a súa vida de obreiro. Entrou a traballar nunha imprenta, iniciándose ao pouco tempo como mestre tipógrafo, o que apuntalou a súa paixón polos libros. Dimitrov, aos quince anos, xa era un activo militante da unión de tipógrafos de Sofía. Aos dezaoito anos, Dimitrov foi elixido secretario da Unión Profesional dos Tipógrafos. Aos vinte anos, en 1902, comeza a militar no Partido Socialdemócrata Búlgaro. No interior do partido intensifícase a loita entre reformistas e revolucionarios, entre os socialistas de esquerda (Tesniatzi) e os socialistas de dereitas (Chirocki). Dimitrov tomar partido pola esquerda, liderada por Blagoev. Após a división do Partido Socialdemócrata, Dimitrov pasa a ser o secretario da Esquerda Socialista de Sofía. A partir de 1909, fai parte do Partido dos Socialistas de estrema esquerda, de cuxo Comité Central foi sen interrupción un dos seus membros máis capaces.
Desde entón, demostrou ser un grande líder da clase obreira e un líder do movemento obreiro internacional.
En 1913, foi elixido deputado. El, que daquela tiña trinta anos, non só era o deputado máis novo, senón que foi o primeiro deputado obreiro no leste de Europa. En 1919, o partido dos socialistas toma a decisión de se transformar no Partido Comunista. Dimitrov acode xunto con Kolarov e Kabatchiev ao segundo congreso da Internacional Comunista. Cando tentaban chegar a Rusia en barco atravesando o Mar Negro, una tormenta conduce o barco até augas de Romanía, onde son detidos pola policía. Isto provocou unha enorme onda de indignación entre os obreiros romanos e búlgaros. Dimitrov foi posto en liberdade, aínda que tivo que renunciar a participar no segundo congreso da Internacional.
A finais de 1920, Dimitrov realizou moitas viaxes, entre elas a Italia e a Rusia, onde asistiu ao terceiro congreso da Komintern.
En 1923, o fascismo en Bulgaria desatou unha sanguenta campaña de represión contra as forzas populares. O 9 de xuño de 1923, a reacción, agrupada ao redor da monarquía, derrocou ao goberno constitucional de Stamboliiscki, asasinando aos líderes do país e estabelecendo unha ditadura fascista que aterrou ao país durante vinte anos. Tres meses despois do golpe, os obreiros e campesiños tentan acabar coa ditadura. Dimitrov e Kolarov están á cabeza da insurrección. Mais a reacción fascista logra afogar aos insurxentes. Dimitrov ten que procurar refuxio no estranxeiro, en Berlín e en Viena. Enceta así o seu período de emigración política. Traballou a meirande parte do tempo entre Viena e Berlín, converténdose nun dos organizadores da loita internacional contra os fascistas. Moi cedo, pasa a ser un gran militante internacionalista.
Foi dúas veces condenado a morte polo goberno búlgaro: a primeira vez en 1923, uns meses despois do levantamento de setembro, e a segunda vez en 1928, durante o proceso organizado polos fascistas búlgaros contra os dirixentes do Partido Comunista.
Nos seus anos de emigración por Europa, Dimitrov coñeceu días moi duros. O fascismo tiña poderosos protectores internacionais. O 27 de febreiro de 1933, cinco días antes da data elixida para a celebración das eleccións xerais na Alemaña, un incendio provocado destrúe o Reichstag, sede do Parlamento alemán. Durante a noite, policía, prensa e radio cumpren coas verbas de Hitler: «É un sinal de Deus: agora a polos comunistas». Trátase do maior desafío que até ese momento coñeceu a historia do movemento obreiro. O 9 de marzo, Dimitrov foi detido e os nazis deciden acusalo do incendio.
Xa na primeira sesión do proceso, no medio dunha enorme posta en escena preparada por Goering e Goebbels, Dimitrov asume o papel de acusador. O fillo dun obreiro búlgaro desmonta unha por unha todas as mentiras dos fascistas, ridiculizando todos os falsos testemuños, interrompendo ao xuíz, convertendo o proceso contra o bolxevismo nun fabuloso acto de acusación contra os provocadores e terroristas nazis, contra a reacción alemá. O propio Goering, quen estaba no tribunal como falsa testemuña, é desenmascarado. Dimitrov ten éxito ao reconstruír toda a escena do atentado, probando a súa inocencia e a culpabilidade dos fascistas. O tribunal alemán vese na obriga de liberalo, de recoñecer a súa inocencia.
Conquistada a súa liberdade, Dimitrov parte para Moscova, onde en 1935 é elixido Secretario Xeral do Comité Executivo da Internacional Comunista, posto que ocupa até o mes de maio de 1943, data na que se disolve a Internacional. Estes anos da vida de Dimitrov estiveron ocupados na loita contra o fascismo e na formación de frontes populares antifascistas.
Desde os primeiros días da creación do réxime soviético, Dimitrov foi un decidido defensor da cooperación cos pobos da Unión Soviética e o máis decidido inimigo do fascismo. Xa en 1935 declara: «o elemento chave da sinceridade e a honestidade dos militantes dos partidos e organizacións obreiras, de todos os demócratas, é a súa actitude ante o gran país do socialismo».
Dimitrov é o fundador da Fronte Patriótica Búlgara, que marcou ao país o camiño para fuxir da catástrofe. Foi a alma búlgara da loita popular contra o fascismo.
Condecorado en 1945 coa Orde de Lenin como recompensa aos seus grandes méritos na loita contra o fascismo, Dimitrov regresa ao seu país para liderar ás forzas populares búlgaras.
Vixilante defensor da pureza do Partido, incansábel defensor da amizada coa URSS, o antigo impresor de Sofía, o tenaz xefe do Partido da clase obreira búlgara, caeu gravemente enfermo, e ingresou nunha clínica da Unión Soviética, desde onde enviou ao Partido e ao pobo de Bulgaria, con motivo do 10 de maio, unha mensaxe de alento para a construción do socialismo e a paz. Ler máis |
|
|
|
|
|
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.