Unità, 3 de xullo de 1949 A sesenta anos da súa morte Transcrición do Centro di Cultura e Documentazione PopolareO anuncio (da morte)Moscova, 2 de xullo de 1949Georgi Dimitrov morreu hoxe en Moscova. A nova foi emitida por Radio Moscova coa seguinte declaración: «O Comité Central do Partido Comunista (b) da Unión Soviética e o Consello de Ministros da URSS anuncian con profundo pesar que o eminente líder do movemento obreiro internacional, Presidente do Consello de Ministros da República Democrática Popular Búlgara, Secretario Xeral do Comité Central do Partido Comunista Búlgaro, o noso camarada e amigo Georgi Mikhailovich Dimitrov, morreu o 2 de xullo ás 9:35 horas dunha grave e longa enfermidade (diabete) no sanatorio Barvikha, cerca de Moscova». O corpo de Dimitrov atópase agora no Salón das Columnas da Cámara dos Sindicatos de Moscova, onde foi levado desde o sanatorio de Barvikha. O ataúde está cuberto de flores e coroas enviadas polas organizacións soviéticas, mentres que unha garda de honra, integrada polos máis influentes membros do Partido Comunista Bolxevique e os representantes búlgaros, está disposta ao redor dos restos mortais de Dimitrov. O camarada Stalin cumpriu coa súa quenda de velar e honrar o corpo. Milleiros de persoas desfilan diante do cadaleito. |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.