Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Dignidade e Solidariedade
04/09/2009
Liher Goienetxea «Astillas»
Gara
04/09/09



Festa da Madalena, Bermeo, ano 1977, días despois a ikurriña será legalizada. O pleno do Concello, franquista aínda, acudira á súa procesión marítima. Pola tarde, contra as seis, chegaría a Bermeo e, en comitiva, subiría á casa do concello. A Garda Civil, comandada polo tristemente famoso capitán Hidalgo (existe algún famoso que non o sexa tristemente nese corpo militar?), xefe da casa-cuartel de Gernika, agardaba o seu momento nos arredores dun bar da vila, no Parque Lamera. E comezou o desfile militar para demostrar quen mandaba alí e arrincar calquera ikurriña que puidera aparecer.

Ano 2009, a Ertzaintza desfila militarmente polas vilas a hostias para borrar todo o que concirne á liberdade de expresión, coa escusa de que non hai que deixar espazo libre á violencia e aos violentos. Cantos anos retrocedemos? Quen son os violentos, os familiares dos prisioneiros políticos vascos que pacificamente ensinan as fotos dos seus seres queridos ou os psicópatas do Goberno ilegal vascongado? Temos iso do que sempre, como impostores que son, eles careceron: dignidade e solidariedade. Dignidade como pobo loitador para conseguir que Euskal Herria sexa iso, Euskal Herria, e solidariedade con todos os represaliados que deron e están a dar todo por ser cidadáns vascos en paz e liberdade, porque o psicópata endexamais soubo o que é dignidade humana e solidariedade con quen non baixa a cabeza nin coa tortura, nin co GAL nin coa desaparición. O Che Guevara deixóunolo claro: «É mellor morrer loitando que vivir de xeonllos».
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com