Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado presos FARC-EP: Sobre o Plan Colombia e as bases norteamericanas
06/10/2009

Colectivo Presos Políticos Urías Cuéllar FARC-EP
Guerrilleiros das FARC-EP recluídos no cárcere de Combita Boyacá
Setembro 2009



Os Presos Políticos das FARC-EP, entendéndose estes como os que desde os alxubes do réxime seguimos consecuentemente cos nosos principios revolucionarios, asumindo as directrices do noso Estado Maior Central e o seu Secretariado; dando cumprimento á revolución e ao pobo, sen axeonllarnos ante o inimigo, nin ceder ás súas chantaxes, nin propostas indignas para conseguir beneficios xurídicos, facemos o seguinte pronunciamento:

1. Saudamos ao noso pobo e ás organizacións revolucionarias, populares e antiimperialistas. Tamén ás personalidades democráticas e patrióticas que rexeitan a entrega vergoñenta do que fica do noso país e soberanía e a descarada intervención norteamericana.

2. Rexeitamos o terrorismo de estado contra o noso pobo a través dos mal chamados e fracasados Plan Colombia e Plan Patriota e outros que, xustificados como algo necesario para combater o “terrorismo”, serviron para afianzar o poder oligárquico e crear condicións para agredir nun futuro a pobos irmáns como o venezolano e outros que no cono sur se resisten a axeonllarse ante o imperio e, pola contra, continúan coa obra de conseguir a REAL LIBERDADE da nosa América, da América do Norte e de calquera imperio que ouse pousar os seus ollos sobre a nosa América, ansiosa de construír o noso futuro, sen colonialistas, nin oligarquías explotadoras e sipaios.

3. Preguntamos á opinión pública: Quen son os terroristas e apátridas? Os que loitan por construír unha Colombia independente do colonialismo, ou a oligarquía, con Uribe á cabeza, que dá permiso para construír sete bases gringas, con capacidade para agredir ao resto de nacións de América do Sur e incluso África?

4. O que sendo barón do narcotráfico, fundador e Comandante supremo do paramilitarismo en Colombia chegara á presidencia a través de embustes, presións mesquiñas, eleccións fraudulentas, tomando o poder para corromper ao noso pobo, para volvelo verdugo dos seus propios irmáns e facer da noxenta delación unha virtude?

5. Quen bombardeou e irrigou as nosas terras con substancias altamente tóxicas, para solaz dous seus amos ianquis, sen ningún recato de consciencia, nin a máis mínima dor de patria?

6. Quen é o máis terrorista e apátrida, o monicreque Uribe ou os que con patriotismo non atopamos outra saída e tivemos que levantarmos en armas sen agardar nada a cambio no persoal, mais aspirando a conseguilo todo para o pobo colombiano, pagando coas nosas vidas, partidas por un balazo proveniente de mans criminais ou destruídas nos alxubes do réxime, por mor de condenas inxustas, de até 40 anos?

Para desgraza de Colombia e América do Sur... Uribe!
Para esperanza do pobo de Colombia e dos pobos irmáns... A Revolución!
Contra a guerra inxusta da oligarquía e o imperialismo.... A guerra xusta do pobo!
Pola Nova Colombia, a Patria Grande e o Socialismo: Nin un paso atrás!

Con Bolívar, con Manuel. Xuramos vencer e venceremos!


Ler máis
4 Comments:
  • At 10/10/2009 11:52:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Presos á rúa!
    Adiante coas FARC!!
    Reyes, Tirofijo... presentes!!!

     
  • At 10/11/2009 09:34:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    me gustaria preguntaros si detras de este grandisimo blog hay algun partido politico

    gracias
    un saludo desde Murcia!

     
  • At 10/12/2009 01:52:00 da tarde, Anonymous Xan said…

    Son un lector habitual deste magnífico blog, e a verdade é que esa é unha boa pregunta. Parecería mentira que detrás de un blog tan currado e tan correcto políticamente falando non houbera ningunha sigla, ¿verdade?
    Pero por outro lado non vexo que haxa publicidade a ningunha organización política concreta.
    De todos os xeitos, se eu fora un dos que fan o blog me gustaría saber quen é a persona que pregunta estas cousas. Se pregunta siglas, que poña o seu nome polo menos, jejeje, non me valería que puxera anónimo.
    Dende logo se este é o blog dalgunha organización política galega, quero afiliarme canto antes!

    Por certo.... VIVAN AS FARC!!!!!

     
  • At 10/12/2009 08:57:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Non coñezo aos que fan este blog pero está claro que son simpatizantes e/ou militantantes da Frente Popular Galega.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com