Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Entre 4000 e 5000 persoas maniféstanse en Compostela polo cumprimento dos acordos na sanidade pública
29/10/2009


A Sanidade mobilízase en demanda do cumprimento dos acordos: retributivo, de mellora de Atención Primaria e Saúde Mental, pola defensa da Carreira Profesional, pola consolidación e contratación de persoal, por unha da sanidade pública de calidade.

De 4.500 a 5.000 persoas participaron na manifestación, que rematou diante da sede do Sergas. As traballadoras e traballadores da Sanidade pública galega sumáronse á manifestación convocada en Compostela en demanda do cumprimento dos acordos asinados en materia retributiva, polo Plan de Mellora da Atención Primaria e o Plan de Saúde Mental.

Ao remate da marcha os representantes das organizacións sindicais convocantes foron recibidos pola Xerente do SERGAS, quen lles explicou que a decisión de conxelar 'sine die' estes acordos fora adoptada polo goberno galego e que ao único que se comprometía era a transmitir as súas demandas.
A Xerente do Sergas xustificou ademais a decisión adoptada polo goberno do PP por mor da crise económica e polo elevado número de desempregadas e desempregados que hai no estado

Para a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, deste xeito, o Partido Popular está facendo que sexan as traballadoras e traballadores da sanidade pública galega os que paguen unha crise económica que non provocaron, da que tamén son vítimas e que é, ademais, consecuencia das políticas neoliberais que o PP aplicou durante os seus sucesivos mandatos. Para Abuín o máis grave é que nin sequera se di por canto tempo se prevé conxelar estes acordos.

Con esta manifestación, que partiu do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, para rematar diante da sede do SERGAS, en San Lázaro, pretendíase presionar ao goberno da Xunta para que os presupostos para o ano 2010 -que xa están entrando na súa última fase de debate en comisión antes de ser definitivamente aprobados en pleno- contemplaran as partidas orzamentarias necesarias para poder efectivizar os acordos asinados. Porén, e dada a resposta da xerente da SERGAS, non hai indicios de que isto vaia ocorrer.

Acordo retributivo

Os orzamentos de 2010 terían que incluír partidas destinadas a cumprir, entre outros, o acordo en materia retributiva, asinado en 2008. Segundo este, recoñecíase que os traballadores e traballadoras da Sanidade Pública galega son dos peor pagados de todos os sistemas de saúde do estado e a Xunta de Galiza comprometíase a aplicar un incremento nas retribucións nun período que ía do 2008 até o 2012. Deste xeito, xa no ano 2010 os traballadores percibirían un incremento nas súas retribucións dunha quinta parte do total en conceptos como nocturnidade, traballos en domingos e festivos e as noites do 24 e 31 de decembro.

Plan de Mellora de Atención Primaria e de Saúde Mental

Tamén quedan relegados a un futuro incerto os Plans de Mellora de Atencion Primaria e de Saúde Mental.

Existía un acordo, tamén asinado polo goberno galego, no que se contemplaba a necesidade de mellorar a atención primaria. Estaba dirixido, fundamentalmente, a incrementar a capacidade de resolución deste servizo e consistía en incrementar os profesionais para conseguir ratios de doentes máis axeitados ás necesidades dos usuarios. Porén agora queda paralizado. Do mesmo xeito paralízase, ao non prever partidas orzamentarias destinadas a este fin, o Plan de Saúde Mental que era e é, para a CIG, a grande esquecida da sanidade pública.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com