Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Éxitos económicos da República Popular Democrática de Corea
26/10/2009
Texto elaborado grazas aos datos e imaxes proporcionados por Juan Nogueira




A República Popular Democrática de Corea ven de rematar con espectacular éxito a “Batalla dos 150 días”. Unha iniciativa para mobilizar a participación de toda a poboación durante 150 días para encetar o camiño de converter a república nunha potencia económica.

A través das asembleas de obreiros, das organizacións políticas e sindicais, mais tamén todas as organizacións artísticas de propaganda e axitación, conseguiron incrementos asombrosos tanto na industria como na agricultura. Por exemplo, a extracción de carbón medrou nun 150% respecto ao pasado ano, a produción de cemento e materiais de construción un 140%. O crecemento industrial, que se situou nos últimos anos entre o 9 e o 10%, segundo Ji Youl-il, director do Instituto de Investigacións Sociais da Universidade Coreana en Xapón, será amplamente superado durante este ano. Moitas empresas teñen como meta para o 2012 triplicar os niveis produtivos actuais, mentres que na minería, a produción enerxética e o transporte ferroviario, os obxectivos chegan a multiplicar por seis os números actuais.

Na agricultura os avances non son menores. É moi probábel que este ano se acaden niveis que non se vían desde os anos 80. As zonas de cultivo e a construción de infraestruturas agrícolas non cesan de medrar.

Nesta campaña política para consciencia aos traballadores do norte de corea da importancia da construción económica nesta fase da Revolución, un dos eixes prioritarios era a construción de vivendas. E isto podémolo ver en Pyongyang, onde a construción de novas vivendas é imparábel: 65.000 apartamentos no barrio de Mangyongde, 15.000 no centro da capital e 20.000 na área do ferrocarril, entre os barrios de Ryokpo e Ryongsong. Todas as vivendas teñen 100 m2.

Por suposto, a construción de vivendas é un esforzo planificado co único obxectivo que o benestar da poboación coreana. Nos próximos anos entregaranse vivendas de nova construción a 100.000 familias en Pyongyang. As vivendas entréganse gratuitamente ás familias, que tan só teñen que pagar unha renda simbólica. Aquí non hai sitio para as burbullas inmobiliarias.

Recentemente rematou a reconstrución do barrio de Mansudae. As novas vivendas deste barrio son o modelo a seguir na construción de vivendas nos próximos anos. A planificación permite repartir eficientemente centros de saúde, centros educativos, zonas culturais, de lecer e deportivas, zonas verdes, tendas estatais, etc.

As imaxes seguintes corresponden ao barrio de Mansudae.








3 Comments:
  • At 10/26/2009 11:42:00 da tarde, Anonymous Juche said…

    Vaia barrios!!
    Esto servirá para pechar as bocas dos que critican á RCPC, crendose o discurso imperialista. O desenrolo que está acadando este país socialista é imparábel.
    Como me gustaría visitar esa nación modélica...

     
  • At 10/28/2009 04:47:00 da tarde, Anonymous Socialista said…

    A min tamén, é un mundo aparte, vaia envexa que me da ver o ben que funciona o socialismo. Deben ter unha formación e unha preparación increible. Alegrome que vaian mellorando infraestructuras.
    Viva a Republica Popular de Korea do Norte.

     
  • At 12/07/2009 02:15:00 da manhã, Blogger mpp said…

    Juan Nogueira do PCPE sempre ofrece traballos de primeirísima calidade sobre o tena da RPC e outros. Moi ben Juan, así traballan os comunistas

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com