Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Ferralla Perblago: «Pecharon e non pagaron. Solución XA!»
21/10/2009

Se o pasado día 5 de outubro falabamos da loita dos traballadores de Talleres Cachaza en Ferrol, hoxe temos que denunciar a situación doutra empresa cunha delegación na estrada de Catabois, tamén en Ferrol, e sede en Cedeira, chamada Ferralla Perblago S.L.

Os traballadores desta empresa están sen traballo e sen cobrar o seu salario dende setembro.
Teñen pechado o taller, posto que a empresa acordou enviar aos seus traballadores para casa despois de concederlles un permiso retribuído, fai xa tres semanas, a espera de buscar solución ao problema que a mesma empresa creou. Como nunha chea de casos máis nos nosos días, esta “solución” pasa por entrar nun Expediente de Regulación de Emprego.

Os traballadores esixen o pago dos salarios que se lles deben. Temen que esta situación se prolongue aínda máis e reclaman que se solucione o problema o máis rápido posíbel, polo menos para poder cobrar a prestación de desemprego.

Esta delegación ferrolá de Ferralla Perblago contaba con 14 traballadores, dos que actualmente quedan 7 sufrindo esta situación.

PECHARON E NON PAGARON!!! SOLUCIÓN XA!!” son os lemas que figuran nas pancartas das portas do taller. Desde aquí, o noso apoio e solidariedade. Adiante a Clase Obreira!
3 Comments:
  • At 10/22/2009 01:13:00 da tarde, Anonymous Antiburgueses said…

    Solidaridade cos obreiros de Perblago, outras víctimas do despotismo da patronal. Tristemente cada día pasa máis isto: Obreiros á rúa con nóminas sen pagar mentres os empresarios están tranquilamente nas súas casiñas agardando que pase o temporal. Despois crearán unha nova empresa con outro nome, e a nome dalgún amiguete ou familiar, e a seguir explotando... Os traballadores temos que tomar conciencia desta situación, coñecer ben a lei, empregar os sindicatos de clase como arma de loita, e non dar un só respiro a estes piratas.
    Organización e loita son o camiño para vencer.

     
  • At 10/23/2009 06:00:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    A putada neste caso é que só sexan 7 traballadores, xa que non poden facer tanta forza.
    Pero son 7 famílias sin pan, non o olvidemos.
    Os burgueses son uns putos desvergonzados. un pico e unha pala había de darlles para que saiban o que é bon.

     
  • At 10/25/2009 01:21:00 da tarde, Anonymous Manu said…

    Pois quero amosar tamén a miña solidaridade con estes traballadores. Cada día hai mais casos deste tipo.
    Contra a patronal, loita sindical.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com