Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Lingua proletaria do meu Pobo, non van poder contigo endexamais
19/10/2009
12 Comments:
  • At 10/19/2009 11:24:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Máis de 50.000 persoas, segundo a policía, na manifestación de Compostela de onte en compostela. Vaia pasada: Se a pasma di 50.000 é que houbo moitas máis.
    Mentres nós nos manifestamos pola nosa língua, os do PP manifestandose en contra do aborto... se é que...

     
  • At 10/19/2009 02:41:00 da tarde, Anonymous Bea said…

    Moitisima xente. A verdade é que a manifestación foi do máis variopinta. Había xente de tódalas organizaciós.
    A nosa língua e a nosa cultura non poden morrer. Que non gasten máis esforzos os fascistas españoles, que estamos dispostas a resistir ata o final.

     
  • At 10/19/2009 02:45:00 da tarde, Anonymous Cerdeira said…

    Ata estaba o noso querido ministro de Xustiza!
    Un blog moi "completito"!

     
  • At 10/19/2009 02:45:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    POLA NOSA LÍNGUA, NIN UN PASO ATRÁS, NIN PARA COLLER IMPULSO!!!!!!

     
  • At 10/19/2009 05:04:00 da tarde, Anonymous Independentista said…

    Segundo organizacións que participaron na manifestación, o número de participantes pasa dos 100.000
    http://www.adiantegz.org/index.php?option=com_content&task=view&id=253&Itemid=28

     
  • At 10/20/2009 12:04:00 da manhã, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Grazas por comentar.
    Non van poder asasinar a nosa lingua!

     
  • At 10/23/2009 06:06:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Claro que non van poder con nós.
    Gustoume iso de "língua proletaria do meu pobo", iso é dalgunha canción ou algo non?
    Galegos somos, galegos seremos, por españois nunca pasaremos.
    Viva Galicia Ceibe,poder popular!!!!

     
  • At 10/24/2009 10:58:00 da manhã, Anonymous Fuxan said…

    "Semente feita en sangue
    por un pobo
    que xurde dende a historia,
    dende o sono
    un sono cheo de aldraxe
    e miserento,
    un sono de inxusticias
    e silencio.
    Mira a lingua que falo,
    despreciada
    por ser lingua de probes,
    lingua escrava,
    son o orgullo que temos,
    lingua e probes.
    So neles hai verdades
    e mais honores."

     
  • At 10/24/2009 11:08:00 da manhã, Anonymous Breixo said…

    Deixeivos unha parte dun poema que sempre me gustou moito. É do tema Canción de berce dos fuxan.
    Fala amonino de que Lingua proletaria do meu pobo é unha canción pois é un poema de Celso Emilio Ferreiro ben bonito.
    Saudos enxebres.

     
  • At 10/24/2009 12:33:00 da tarde, Anonymous Petrov said…

    Cando "Anónimo" fala de que "Lingua proletaria do meu pobo" é dunha canción, penso que se pode referir a un tema de Mencer Vermello: "Libera a túa lingua", que podedes descargar aquí: http://variosmv.blogspot.com/2007/06/mp3.html
    E é correcto o que di Breixo, iso é dun poema de Celso Emilio.
    ADIANTE COA LINGUA PROLETARIA DO NOSO POBO!!! VENCEREMOS!!

     
  • At 10/25/2009 09:08:00 da manhã, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    DEITADO FRENTE Ó MAR...

    Lingua proletaria do meu pobo
    eu faloa porque si, porque me gusta
    porque me peta e quero e dame a gana
    porque me sae de dentro, alá do fondo
    dunha tristura aceda que me abrangue
    ó ver tantos patufos desleigados,
    pequenos mequetrefes sen raíces
    que ó pór a garabata xa non saben
    afirmarse no amor dos devanceiros,
    fala-la fala nai,
    a fala dos abós que temos mortos,
    e ser, co rostro erguido,
    mariñeiros, labregos da linguaxe,
    remo e arado, proa e rella sempre.


    Eu faloa porque si, porque me gusta
    e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
    unha historia contada noutra lingua.


    Non falo prós soberbios,
    non falo prós ruíns e poderosos,
    non falo prós finchados,
    non falo prós estupidos,
    non falo prós valeiros,
    que falo prós que aguantan rexamente
    mentiras e inxusticias de cotío;
    prós que súan e choran
    un pranto cotián de volvoretas,
    de lume e vento sobre os ollos núos.
    Eu non podo arredar as miñas verbas de
    tódolos que sufren neste mundo.
    E ti vives no mundo, terra miña,
    berce da miña estirpe,
    Galicia, doce mágoa das Españas,
    deitada rente ó mar, ise camiño...


    CELSO EMILIO FERREIRO

    Outro magnífico poema de Celso Emilio Ferreiro: Monólogo do vello traballador.
    Pode atopalo aquí:
    http://versosdecombate.blogspot.com/2006/11/monlogo-do-vello-traballador-celso.html

     
  • At 10/25/2009 01:17:00 da tarde, Anonymous Manu said…

    Está moi ben o apartado Versos de Combate, mágoa que non se actualize máis. Supoño que moitos dos leitores deste blog que teñamos algunha suxerencia deberíamos facervolas chegar... jejeje, voume aplicar o conto. Buscarei algo a ver se pode ter cabida nese apartado.

    Celso Emilio Ferreiro, GRANDE!!
    Realmente temos unha grande riqueza de poetas e escritores galegos, que moitas veces non sabemos aproveitar. Bueno, tamén de músicos.

    Liberdade para o nosos pobo!!!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com