Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A persecución dos comunistas paquistanís da Fronteira Noroeste
05/10/2009
27/09/09

Ser comunistas ou militante de esquerda é unha posición política perigosa se ti vives na provincia da Fronteira Noroeste de Paquistán. No pasado ano uns 200 militantes de esquerda foron secuestrados ou asasinados. Hai só dúas semanas un membro do partido comunista local foi asasinado en Bunir. Os militantes talibáns, dos que se pensa que están detrás dos asasinatos, claman que os comunistas son infieis. A situación obrigou a exiliarse en Grecia ao líder do partido comunista local, mais como Mudassar Shah conta, os militantes comunistas continúan a xuntarse na clandestinidade.

Un grupo de sete homes reúnense nunha casa na capital da provincia, Peshawar. Manteñen profundos debates sobre a política e o extremismo relixioso. Eles son estudantes musulmáns, dependentes, tendeiros e traballadores sociais unidos polas súas ideas políticas. Xa van dous meses desde que eles se reúnen. O medo á violencia dos autodenominados grupos militantes islamitas empurrounos á clandestinidade. O seu líder, o Doutor Shafiq, viuse obrigado a exiliarse a Grecia en maio deste ano. Por teléfono explica as razóns:

«O meu pai foi secuestrado e levado á Corte Islámica. Foi liberado tempo despois coa condición de que eu me presentara no seu lugar. Segundo eles, eu son un infiel e teño que recibir o mesmo castigo que o resto dos infieis, a morte. Pouco despois, queimaron a miña casa e agora a miña familia non ten un lugar seguro para vivir.»

Nun principio, a súa familia viviu nun campamento de refuxiados durante dous meses. Agora viven nunha casa alugada en Peshawar en constante tempo de que os militantes veñan buscar ao Dr. Shafiq. Non tiña cartos dabondo para levalos a Grecia xunto a el.

Shafiq é un médico que traballaba no hospital da rexión. Mais as súa conviccións políticas levárono á reactivación do Partido Comunista na Fronteira Noroeste.

«Após a queda da Unión Soviética, o movemento comunista tamén desapareceu, polo que os camaradas decidiron revivir a loita contra os fanáticos relixiosos a través da educación popular. Vimos que era o único camiño para parar o extremismo relixioso, o fundamentalismo e protexer á xente. No ano 2002, cando a alianza de partidos relixiosos gobernaba esta rexión, formamos varios grupos de discusión para debater as ideas de esquerda. Era unha época na que os talibáns estaban a medrar na provincia da Fronteira Noroeste.»

Era algo moi perigoso. Os partidos relixiosos e extremistas islámicos chaman aos militantes de esquerda “Soor Kafir” ou os “Roxos infieis” pola cor vermella do Movemento Comunista.

Rahmat Wazir é un comandante talibán nunha zona tribal de Waziristan Norte. Pensa que os comunistas son infieis e deben ser asasinados.

«Escoito dos meus maiores e dos meus líderes relixiosos desde hai moitos anos que os comunistas non teñen relixión e que están contra a nosa relixión. Coido que deben ser asasinados. Son os nosos inimigos, e os inimigos deben ser asasinados.»

O Partido Comunista Paquistaní nega que eles estean contra o Islam. Simplemente, eles avogan para versión científica do Islam e consideran a relixión como un asunto privado. O Dr. Shafiq coida que o odio cara a eles é por mor da forte propaganda para obter o apoio da xente á guerra contra a intervencións rusa en Afganistán.

«O establishment xunto cos partidos islámicos propagan que nós estamos contra o Islam. Ironicamente, o comunismo di que a relixión é un asunto privado. Levamos adiante un xusta loita para tentar que na vida prevaleza a ciencia e que todas as persoas gocen de dereitos básicos. A relixión é utilizada polos que teñen o poder para desviar a atención das persoas e que non pensen nas obrigas incumpridas polo goberno.»

Outro militante destacado do partido comunista que non quixo ser identificado por temor aos talibáns, di que moitos dos principais dirixentes comunista en Paquistán eran moi relixiosos. Sinala que Bacha Khan, un líder da esquerda na provincia da Fronteira Noroeste, realizou a peregrinación á Meca dúas veces.

Os militantes de esquerda teñen unha extensa historia de oposición ás decisións gobernamentais. Moitos estiveron contra a división da India baixo o poder británico. Desde entón, o establishment comezou a súa propaganda de que eran infieis. Despois dos ataques do 11 de setembro en Norteamérica, os militantes de esquerda están aínda máis illados porque eles están en contra tanto do política exterior norteamericana como dos talibáns e do relixioso goberno central.

Os talibáns comprometéronse, agora, a matar a todos os comunistas que atopen na Fronteira Noroeste.

O Dr. Shafiq non sabe cando poderá volver a casa.

«Como pode esquecer o meu país nestes momentos cruciais, cando os poderosos asasinan ao meu pobo e moitas persoas viven como desprezados no seu propio país? Choro cando estou só. Encantaríame poder volver pronto ao meu país e colaborar para levar a felicidade ao meu pobo a través da política. Gustaríame continuar co meu traballo como médico para curar as lesións físicas e como comunista para sensibilizar ao meu pobo contra estes políticos crueis e contra os talibáns. Estou certo que os talibáns e demais grupos relixiosos me asasinarán en canto teñan a oportunidade. Porén, teño a esperanza de que un día irei ao meu país e vivirei co meu pobo, mais non sei cando.

Ler máis>
2 Comments:
  • At 10/12/2009 02:16:00 da tarde, Anonymous Xan said…

    Xa dicía Marx que a relixión era o opio do pobo.
    ¡¡¡¡Solidaridade cos comunistas pakistanís!!!!

     
  • At 11/20/2009 06:13:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Os comunistas iraquíes participan no goberno títere nomeado polo adminstrador colonial Bremmer. Os comunistas iraníes piden unha intervención ianqui ou internacional para derrubar ao goberno do seu país, que é o principal opositor do imperialismo. Os comunistas paquistaníes, que se deben contar cos dedos dunha man, tamén lle fan o xogo ao imperialismo?. A prinicpal contradicción na época do imperialismo é a que se dá entre países explotadores (en conxunto, países aburguesados enteiramente, parasitos) e os povos oprimidos do Terceiro Mundo. Todo o que loite contra o imperialismo forma parte do frente unido e é progresivo, todo o que se poña de lado do imperialismo é retardatario. Os chamados "comunistas" de Europa están de vacaccións dende hai moitos anos, e pretenden impartir leccions dende a sua cómoda posición de privilexio primeiromundista. Non son mais que unha ferramenta ao servicio do gran capital e da corrupta poboación parasita dos países explotadores.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com