Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Sobre a loita dos traballadores de Talleres Cachaza
05/10/2009

Os traballadores de Talleres Cachaza, en Ferrol, levan dous meses sen cobrar as súas nóminas, e uns meses máis sen carga de traballo, case que dende principio de ano sen unha actividade normal.

A opción que daba a empresa a principios de outubro era a de preparar un expediente de regulación de emprego a 6 meses. Os obreiros chegaron ao acordo de que se asinaría un ERE, pero a 4 meses, sempre e cando se lles abonara a nómina que se lles debía. A realidade foi que non só non cobraron a nómina de agosto, senón que tampouco a de outubro, polo tanto tampouco están regulados.

A semana pasada houbo promesas por parte da empresa de pagar hoxe día 5 de Outubro as dúas nóminas xuntas para por fin presentar un ERE asinado polas dúas partes, empresario e traballadores, mais de novo Javier Rodríguez Amado faltou á súa palabra.

Un caso parecido sofren os traballadores de Metalúrgica del Atlántico, firma do mesmo dono, dedicada á industria eólica. A diferenza é que eles xa están no ERE (a 6 meses) desde setembro, pero a empresa aínda lles debe o mes de agosto. Agárdase que a empresa queira prorrogar o expediente de regulación, posto que é máis que probábel que non dispoñan de carga de traballo no prazo dun ano.

A este empresario, coñecido por Javier Cachaza, descubríuselle hai un par de meses que tiña unha débeda de máis de 600.000 euros coa Seguridade Social, motivo este polo que a súa empresa ten prohibida a entrada no estaleiro de Navantia, onde historicamente levaba realizando a maior parte do seu traballo.

A semana pasada os traballadores de T. Cachaza e Metalúrgica del Atlántico levaron a cabo conxuntamente mobilizacións esixindo solucións a este problema que levan arrastrando xa dous meses e que semella non vai durar pouco.

Solidariedade cos traballadores de Talleres Cachaza e Metalúrgica del Atlántico!
11 Comments:
  • At 10/06/2009 02:19:00 da manhã, Anonymous un solidario said…

    2 MESES SIN COBRAR?? E o tempo sigue pasando... Non sei como non se lle cae a cara de vergonza ao "esparraguito". Claro, non ten.
    Noxentos burgueses, amasan e amasan e despois tentan dar pena dicindo que están arruinados e logo temos que ser nós quenes paguemos o pato. Malnacidos!

     
  • At 10/06/2009 05:46:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Tes razón: amasan e amasan e despois... Até a Repsol se lle aprobou un ERE hai cuestión de dous meses... Unha empresa con beneficios extratosféricos.
    O camiño é organizármonos para combatelos até destruílos.

    Un saúdo comunista e grazas polo comentario.

     
  • At 10/06/2009 10:22:00 da tarde, Anonymous outro solidario!!! said…

    Moita forza xente

    toda a miña solidariedade cos traballadores e que se solucione o perkal canto antes... !!!

     
  • At 10/06/2009 10:36:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Todo o meu apoio desde a emigraçom.

     
  • At 10/07/2009 12:26:00 da tarde, Anonymous Estevo said…

    Son un traballador de Cachaza, afectado por esta causa. Gracias polo apoio que dades cós vosos comentarios. A nós só nos queda ter paciencia e agardar que poidamos solucionar isto da mellor maneira posible.Tamén vos digo unha cousa: Se temos que loitar, loitaremos polo noso, as nósas familias dependen de nós para poder comer, sen embargo este malnacido, coa súa arrogancia e a súa desfachatez está conseguindo esgotar a nosa forza, que é a unión que deberíamos ter entre nós.
    Estámonos xogando o noso posto de traballo e isto tería que ter algunha repercusión sobre os dirixentes deste goberno, que non se preocupan máis que de encher os seus bolsillos e facer ver que son uns bos gobernantes. Esta xente é tan intelixente que cada día que pasa o país vai moito mellor.

     
  • At 10/07/2009 06:33:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Estevo, falas ben cando dis que na vosa unión está a vosa forza. De novo transmitirvos o noso pleno apoio e solidariedade.

     
  • At 10/10/2009 12:36:00 da tarde, Anonymous Marcos said…

    Efectivamente, na unión está a forza, e tamén ten razón estoutras cando di que "O camiño é organizármonos para combatelos até destruílos". Non hai máis. Isto é o que nos ten que entrar na cabeza.
    Para os burgueses e os patronos non somos máis que pezas de recambio. Cando se cansan de un collen a outro, e este sistema diseñado por eles mesmos os ampara.
    Temos que darnos conta dunha vez por toda que SOMOS MAIORÍA, que contra nós UNIDOS, non son quen de facer nada. O capitalismo non ten futuro, e a alternativa somos nós, armados dunha conciencia socialista que de verdade aporte solucións aos problemas causados polos imperios e o fascismo.
    Levantemos os nosos martelos contra a opresión da patronal!!!!!

     
  • At 10/11/2009 05:04:00 da tarde, Anonymous Cosme said…

    72 días sen cobrar... 72 era tamén o ano no que o 10 de marzo Amador e Daniel foron asasinados polas balas fascistas da policía cando participaban nunha manifestifestación obreira.
    A clase traballadora temos que tomar as rendas das nosas vidas e non darlle nin un só respiro ao capital, personalizado neses noxentos burgueses que nos afogan na miseria cotidiana do traballo e do sinsaber que vai pasar mañá.
    A organización decidida e consciente da nosa clase é o único camiño para vencer nesta guerra de clases, que cada día se agudiza máis.
    Solidariedade cos traballadores de Cachaza, Metalúrgica del Atlántico e o resto das empresas con problemas.
    Adiante, sin medo, coa loita obreira!!

     
  • At 10/12/2009 02:00:00 da tarde, Anonymous Xan said…

    Xa que me estrenei comentando en este estupendo blog, quero aproveitar para expresar o meu máis forte apoio e solidaridade cos traballadores de Cachaza.
    Ainda que non son de Ferrol xa coñecía esta empresa, porque leva moitísimos anos no sector do metal. Tamén traballou por fora, en Bilbao, por exemplo. Coincidín con eles estando eu noutra empresa.
    Por iso sinto moito todo isto que está pasando. Parece mentira que unha empresa con tanta antigüedade e con tanto prestixio como esta pase por estes miserentos momentos.
    Compañeiros, nin un paso atrás, ide a por todas!!!!!

     
  • At 10/13/2009 11:15:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    esparraguito hijo puta PAGA DE UNHA VEZ

     
  • At 10/16/2009 06:07:00 da tarde, Anonymous Petrov said…

    Hoxe, 16 de Outubro, Talleres Cachaza abonou a totalidade das dúas mensualidades que debía aos seus traballadores, correspondentes aos meses agosto e setembro. Por tanto, cumprindo co acordo ao que se chegara coa empresa, os traballadores deciden firmarlle a aprobación para entrar nun ERE a 4 meses, mantendo a paga extra de nadal.
    Este expediente de regulación de emprego entrará en vigor o día 1/11/09 e durará até o 28/2/10, habendo a posibilidade de activar algúns dos contratos afectados por razóns de organización e de producción no caso de existir carga de traballo, co consenso entre a empresa e os traballadores.
    O próximo día 10 de novembro a empresa deberá, ademáis, abonar a nómina do presente mes (outubro).

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com